Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ALUMNOS DO CEIP PEDRO ANTONIO CERVIÑO VISITAN A MOSTRA DOS SEUS DEBUXOS SOBRE AS LETRAS GALEGAS EXPOSTOS NO CONSISTORIO

Os alumnos do Colexio Pedro Antonio Cerviño de Campo Lameiro visitaron ao longo da mañá de hoxe o Consistorio e puderon contemplar os seus debuxos adicados a Xela Arias e ao Día das Letras Galegas expostos na planta de acceso e nas cristaleiras do edificio municipal.
A súa chegada foron recibidos polo alcalde, Carlos Costa, e a concelleira Delia Carramal quenes agradeceron aos escolares a súa participación e implicación na reivindicación dun día tan importante para o galego e a cultura do noso país como é o 17 de Maio. Tamén se dirixiron aos mestres para agradecerlles tamén o seu esforzo e colaboración con esta iniciativa de dinamización cultural e reivindiación do noso idioma.
Os colexiales tamén visionaron o vídeo que o Concello editou con motivo do Día das Letras Galegas para homenaxea-la figura da poetisa Xela Arias.
O alcalde, ademais de agradecer a participación dos nenos e nenas nesta iniciativa cultural, felicitounos pola capacidade creativa e ilusión posta para reivindicar o uso do galego e ensalza-la cultura do noso país.

Back to top

Utilizamos Cookies propias y de terceros. Algunas son esenciales y necesarias para el correcto funcionamiento de la Web. Otras para optimizar su navegación, seguimiento en redes, publicidad y realizar tareas de análisis. Por favor gestione su uso a su gusto en el botón correspondiente. Puede cambiar la configuración y obtener más información: más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar