Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

“Rutas fotográficas polas Terras de Pontevedra”

A Mancomunidade Turística Terras de Pontevedra, no seu afán de dar a coñecer o patrimonio natural e etnográfico do territorio,  pon en marcha unha novidosa actividade na que a protagonista é a fotografía.

Realizaranse unha serie de rutas fotográficas temáticas e abertas ao público polos concellos de Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa entre os meses de outubro e novembro.

Os participantes nestas rutas que así o desexen poderán nutrir coas súas instantáneas un Fotoblog colaborativo cuxo obxectivo é o de poñer en valor os recursos naturais das Terras de Pontevedra.

Datas e saídas previstas

  1. Domingo 28 de outubro: Campo Lameiro, ruta onde a paisaxe fluvial é a grande protagonista.
  2. Sábado 3 de novembro: Ponte Caldelas, ruta para coñecer a fauna e flora do río Verduxo.
  3. Sábado 3 de novembro: Contemplando estrelas e outros astros no Observatorio Astronómico de Cotobade.
  4. Domingo 4 de novembro: Pontevedra, paseo botánico pola Finca de Lourizán.
  5. Domingo 11 de novembro: Marín, micoloxía no Lago de Castiñeiras.
  6. Domingo 11 de novembro: Vilaboa, ruta polas as Salinas de Ulló.
  7. Domingo 18 de novembro: Poio, ruta para coñecer as aves, praias e outros recursos da costa.

*As datas poderán variar en función das condicións metereolóxicas.

As saídas realizaranse en horario de mañá, de 10:00h a 14:00h, agás a saída nocturna en Cerdedo-Cotobade (ás 21:30h) e a visita ás Salinas de Ulló no concello de Vilaboa que realizarase en horario de tarde, de 16:00h a 20:00h.

En cada unha das rutas, (a excepción da saída sobre recursos astronómicos que terá un programa diferente), contaremos con profesionais da fotografía e coñecedores do medio natural que acompañarán ao grupo durante todo percorrido.

A fotógrafa facilitará aos asistentes unha interesante serie de consellos para que éstos aprendan a sacar o mellor partido as súas cámaras fotográficas  no referente á fotografía de campo: enfoque, profundidade de campo, luminosidade, encadre…

O naturalista será o encargado de informar sobre os valores naturais de especial interese que o grupo se atope no seu camiño durante a realización das rutas.

Durante o trascurso  destas saídas de campo, os asistentes realizarán cantas fotos desexen ao longo da xornada.

Fotoblog colaborativo

Unha vez rematadas as saídas, todos os participantes que así o desexen, poderán enviar algunhas das fotos realizadas durante a celebración da actividade ao enderezo electrónico rutasterrasdepontevedra@gmail.com co fin de alimentar un fotoblog colaborativo para divulgar e poñer en valor parte da grande riqueza ratural existente nos diferentes concellos do territorio: https://rutasterrasdepontevedra.blogspot.com/

Que é preciso levar ás rutas fotográficas?

  • Cámara fotográfica (e no seu defecto cámara do teléfono móvil).
  • Outro material fotográfico do que dispoñas (trípode, flash, monopé, parasol, filtros, etc…).
  • Equipamento axeitado a unha xornada de campo: vestimenta cómoda, botas de montaña ou calzado deportivo (evitar sandalias, tacóns, etc.) gorra, paraugas (en caso de choiva), avituallamento…
  • É convinte levar algo de auga (ou outra bebida) e un pequeno tentempé de avituallamento.

Inscrición gratuita e obrigatoria

É imprescindible a inscrición previa a través do enderezo electrónico rutasterrasdepontevedra@gmail.com ou a través do teléfono/whatsapp 649012530

O número de integrantes de cada saída está limitado a 20 persoas por rigorosa orde de inscrición.

Máis info:

No enderezo electrónico rutasterrasdepontevedra@gmail.com  

ou

o teléfono 649 012 530

Back to top
Situs sbobet resmi terpercaya. Daftar situs slot online gacor resmi terbaik. Agen situs judi bola resmi terpercaya. Situs idn poker online resmi. Agen situs idn poker online resmi terpercaya. Situs idn poker terpercaya.

situs idn poker terbesar di Indonesia.

List website idn poker terbaik.

Game situs slot online resmi

slot hoki terpercaya

situs judi online terpercaya

Utilizamos Cookies propias y de terceros. Algunas son esenciales y necesarias para el correcto funcionamiento de la Web. Otras para optimizar su navegación, seguimiento en redes, publicidad y realizar tareas de análisis. Por favor gestione su uso a su gusto en el botón correspondiente. Puede cambiar la configuración y obtener más información: más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar