Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

“RISOS EN FAMILIA: OBRADOIRO DE RISA E MOVEMENTO” EN CAMPO LAMEIRO

Infórmase ás veciñas e aos veciños que o Concello de Campo Lameiro se adheríu ao Programa Tecendo Lazos 2018 da Deputación de Pontevedra, ao abeiro do que se vai desenvolver no mes de decembro o obradoiro interxeneracional: “RISOS EN FAMILIA: OBRADOIRO DE RISA E MOVEMENTO”. Neste obradoiro as familias realizarán actividades nas que van a entrelazar a risoterapia con distintos tipos de movementos e exercicios de tipo muscular. Os principais obxectivos do obradoiro son mellorar o estado xeral dos asistentes, tratando de mellorar o seu estado de ánimo e favorecendo as súas condicións físicas.

O obradoiro desenvolverase no mes de decembro, cunha duración total de 16 horas. As datas e horarios das sesións serán os seguintes: Dende o 26 ata o 29 de decembro de 10.00  a 14.00 horas, no CENTRO SOCIO CULTURAL SOBRINO BUHIGAS.

As prazas son limitadas (máximo de 30) polo que se atenderá á orde de presentación das inscricións no Rexistro Xeral do Concello de Campo Lameiro.

PERSOAS BENEFICIARIAS E REQUISITOS: 

O obradoiro ten como destinatarias as familias de Campo Lameiro.

No programa poden participar persoas de 6 ata 99 anos, terán preferencia aquelas persoas que formen parte da mesma familia, se anoten xuntas e pertenzan a diferentes xeracións (netas/os, avoas/avós, fillas/os; nais/pais…).

As nenas e nenos de entre 12 e 17 anos (ambos inclusive) que queiran acudir sós deberán achegar o consentimento da nai ou pai ou da titora ou titor.

As nenas e nenos de menos de 12 anos deberán acudir sempre acompañados dunha persoa adulta; en ningún caso poderán participar menores de 12 anos que non vaian acompañados.

Tamén poderán ser beneficiarias do programa persoas doutros concellos cando non se cubran a totalidade das prazas ofertadas, sempre que presenten a correspondente solicitude no Rexistro do concello.

DOCUMENTACIÓN: 

Coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:

— Fotocopia do DNI (das persoas participantes que se recollan na solicitude)

— Autorización/Compromiso de responsabilidade (só necesario para as e os menores de 12 a 17 anos que acudan sós aos obradoiros).

— Volante de empadroamento.

No caso de querer participar en diferentes concellos, deberase cubrir unha solicitude para cada un e achegar, en cada caso, a documentación correspondente, nos prazos de inscrición de cada concello.

PRAZO DE INSCRICIÓN:

Dende o 23 de novembro ata o 12 de decembro.

Para máis información e presentación de solicitudes, deberán achegarse ás oficinas do Concello de Campo Lameiro ou na páxina web www.campolameiro.viravoltacomunicacion.com 

Solicitude Tecendo Lazos

Autorizacion de Participacion Menores de 12 a 17 anos

 

Back to top
Situs sbobet resmi terpercaya. Daftar situs slot online gacor resmi terbaik. Agen situs judi bola resmi terpercaya. Situs idn poker online resmi. Agen situs idn poker online resmi terpercaya. Situs idn poker terpercaya.

situs idn poker terbesar di Indonesia.

List website idn poker terbaik.

Game situs slot online resmi

slot hoki terpercaya

situs judi online terpercaya

Utilizamos Cookies propias y de terceros. Algunas son esenciales y necesarias para el correcto funcionamiento de la Web. Otras para optimizar su navegación, seguimiento en redes, publicidad y realizar tareas de análisis. Por favor gestione su uso a su gusto en el botón correspondiente. Puede cambiar la configuración y obtener más información: más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar