“RISOS EN FAMILIA: OBRADOIRO DE RISA E MOVEMENTO” EN CAMPO LAMEIRO
Infórmase ás veciñas e aos veciños que o Concello de Campo Lameiro se adheríu ao Programa Tecendo Lazos 2018 da Deputación de Pontevedra, ao abeiro do que se vai desenvolver no mes de decembro o obradoiro interxeneracional: “RISOS EN FAMILIA: OBRADOIRO DE RISA E MOVEMENTO”. Neste obradoiro as familias realizarán actividades nas que van a entrelazar a risoterapia con distintos tipos de movementos e exercicios de tipo muscular. Os principais obxectivos do obradoiro son mellorar o estado xeral dos asistentes, tratando de mellorar o seu estado de ánimo e favorecendo as súas condicións físicas.
O obradoiro desenvolverase no mes de decembro, cunha duración total de 16 horas. As datas e horarios das sesións serán os seguintes: Dende o 26 ata o 29 de decembro de 10.00 a 14.00 horas, no CENTRO SOCIO CULTURAL SOBRINO BUHIGAS.
As prazas son limitadas (máximo de 30) polo que se atenderá á orde de presentación das inscricións no Rexistro Xeral do Concello de Campo Lameiro.
PERSOAS BENEFICIARIAS E REQUISITOS:
O obradoiro ten como destinatarias as familias de Campo Lameiro.
No programa poden participar persoas de 6 ata 99 anos, terán preferencia aquelas persoas que formen parte da mesma familia, se anoten xuntas e pertenzan a diferentes xeracións (netas/os, avoas/avós, fillas/os; nais/pais…).
As nenas e nenos de entre 12 e 17 anos (ambos inclusive) que queiran acudir sós deberán achegar o consentimento da nai ou pai ou da titora ou titor.
As nenas e nenos de menos de 12 anos deberán acudir sempre acompañados dunha persoa adulta; en ningún caso poderán participar menores de 12 anos que non vaian acompañados.
Tamén poderán ser beneficiarias do programa persoas doutros concellos cando non se cubran a totalidade das prazas ofertadas, sempre que presenten a correspondente solicitude no Rexistro do concello.
DOCUMENTACIÓN:
Coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:
— Fotocopia do DNI (das persoas participantes que se recollan na solicitude)
— Autorización/Compromiso de responsabilidade (só necesario para as e os menores de 12 a 17 anos que acudan sós aos obradoiros).
— Volante de empadroamento.
No caso de querer participar en diferentes concellos, deberase cubrir unha solicitude para cada un e achegar, en cada caso, a documentación correspondente, nos prazos de inscrición de cada concello.
PRAZO DE INSCRICIÓN:
Dende o 23 de novembro ata o 12 de decembro.
Para máis información e presentación de solicitudes, deberán achegarse ás oficinas do Concello de Campo Lameiro ou na páxina web www.campolameiro.viravoltacomunicacion.com
Autorizacion de Participacion Menores de 12 a 17 anos