Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

REMATA O CAMPO DE VOLUNTARIADO NO PARQUE ARQUEOLÓXICO DE CAMPO LAMEIRO CUNHA VISITA DOS CATIVOS DO CONCILIA+

O campo de voluntariado organizado pola Xunta de Galicia en Campo Lameiro e que tivo como obxectivo didáctico coñecer as técnicas construtivas de valados por parte dos habitantes da Idade do Bronce rematou a súa actividade coa visita dos cativos do Concilia+ do Concello.

A xornada de convivencia serviu para que a decena de rapaces participantes nesta iniciativa lúdico-formativa en arqueoloxía poideran amosar o resultado dos traballos realizados entre o 16 e o 26 de xullo nesta iniciativa posta en marcha polo Servizo de Arqueoloxía da Xunta de Galicia.

Os participantes desta edición procedían de varios lugares de Galicia e tamén de Sevilla, El Puerto de Santa María (Cádiz) e Barcelona. Durante a súa estancia levaron a cabo un amplio programa lúdico-formativo coordinado pola arqueóloga Nina Alvela que os levou a facer sendeirismo polo concello de Campo Lameiro e visitar lugares como Corrubedo ou o Castro de Baroña, na Barbanza.

“AXUDA INESTIMABLE” DO CONCELLO PARA RECONSTRUIR O VALADO DE PECHE PERMITRAL

A aposta didáctiva deste campo de traballo convocado a nivel nacional permitiu reconstruír o valado de peche perimetral do poboado recreado no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro utilizando para elo material vexetal existente nos arredores e que foi facilitado polo Concello.

Segundo a coordinadora deste campo de voluntariado “a colaboración do Concello de Campo Lameiro foi inestimable e indispensable para poder levar a cabo o noso obxectivo que era reconstruir un peche perimetral duns 150 metros a base dos materiais similares aos orixinalmente usados polos habitantes deste poboado da Idade do Bronce. Sin a axuda indispensable do Concello non poderiamos contar coas pólas e as varas de salgueiro e xesta que nos foron aportando a demanda xa que tiñan que ser flexibles e estar todavía verdes”.

Os cativos aprenderon as técnicas empregadas polos habitantes do poboado para entrelazar as varas e poder construír o valado. “Para os postes usamos pólas de carballo ás que lle fixemos unha punta e, tras queimala, enterrabamos uns 30 ou 40 centímetros para que serviran de guía ao peche perimetral que estabamos a facer. A técnica de afiar e queimar as puntas usábase para facelas máis resistentes e protexelas da humidade do terreo e evitar así que podreceran”, indicou Nina Alvela.

Esta é a segunda edición deste campo de voluntariado que ten como protagonista ao amplio e rico patrimonio arqueolóxico de Campo Lameiro e non descartan que se siga escollendo este concello para seguir desenvolvendo este tipo de actividades lúdico-formativas a nivel nacional.

Back to top