Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PUBLICADAS AS BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL DE 5 POSTOS DE TRABALLO PARA UNHA BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS PARA O ANO 2022

O Concello de Campo Lameiro publica as bases para a contratación laboral temporal de cinco postos de traballo para unha Brigada de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais para o ano 2022. É obxecto da convocatoria a contratación, en réxime de contratación laboral temporal a xornada completa, dos seguintes postos de traballo para a constitución no municipio de unha (1) brigada de prevención e defensa contra incendios forestais para este ano 2022, composta de cinco membros:

1 Xefe de Brigada ( Capataz Forestal )

3 Peóns de Brigada

1 Peón – Condutor con carné B

As contratacións derivadas do Convenio Interadministrativo para accións de prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2022 entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Campo Lameiro para a constitución de brigadas de incendios, serán formalizados a través da modalidade regulada na disposición adicional quinta do Real Decreto-Lei de 32/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía de estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo. Ao tratarse da execución de un programa de actuación de carácter temporal financiado con fondos da Unión Europea, as entidades poderán subscribir os contratos laborais de duración determinada que sexan necesarios e indispensables para constituír as brigadas municipais e para realizar os traballos preventivos mecanizados que se contemplen nos convenios, facendo referencia a esta situación nos correspondentes contratos de traballo.

Serán funcións a desempeñar polos/as contratados/as, o desenvolvemento de labores de vixilancia e defensa a para a realización de até un máximo de 16,10 hectáreas (ou a superficie necesaria para a xustificación da subvención en función das características do medio según o convenio de colaboración) de traballos de prevención mediante o control do combustible de forma manual, e en todo caso as funcións establecidas no “Convenio interadministrativo entre a consellería do Medio Rural e a entidade local Concello de Campo Lameiro, para a realización de accións de prevensión e defensa contra os incendio forestais durante o ano 2022, cofinanciado parcialmente co fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (FEADER) no marco do programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Os traballos de extinción de incendios forestais serán prioritarios con respecto aos traballos de prevención.

Tipo de contrato: Contrato laboral temporal, coas cláusulas específicas de contratos de duración determinada vinculados a programas financiados con fondos europeos (Disposición Adicional quinta do Real Decreto-Lei 32/2021).

Duración: Será de tres meses dende a súa formalización, (sendo as datas previstas de inicio entre o 01 e 31 de xullo do presente ano , e de finalización entre o 30/09 ao 31/10)

Retribución xefe de brigada: Será de 1.207,50 euros /mes brutos incluídos todos os conceptos salariais.

Retribucións peóns de brigada e do peón condutor: Será de 1.166,67 euros /mes brutos incluídos todos os conceptos salariais.

Xornada de traballo: Será a tempo completo e realizarase de luns a domingo cos descansos establecidos na lei, e con plena dispoñibilidade, incluíndo nela os domingos, festivos e festas locais así como as quendas de noite que sexan necesarias.

Funcións a realizar:

Intervención nos incendios forestais no ámbito municipal, sen prexuízo de que conforme á normativa aplicable ao persoal das brigadas municipais participará nas operación de extinción e de remate de incendios forestais, baixo o mando único operativo dependente da consellería competente en materia forestal cando así se decida por parte do mando único e conforme ao artigo 48.6 da Lei 3/2007.

Os traballos de extinción de incendios forestais serán prioritarios con respecto aos traballos de prevención.

Traballos de vixilancia e defensa contra os incendios forestais: As brigadas colaborarán prioritariamente con respecto a outros traballos na defensa contra incendios forestais integrándose no dispositivo do Distrito Forestal onde se sitúe o concello segundo o disposto no artigo 48.6 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais e o Plan de Prevención e Defensa contra os incendios forestais de Galicia (en adiante Pladiga). Así mesmo, cando concorran razóns extraordinarias, poderán colaborar na defensa de incendios declarados noutros ámbitos territoriais, dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, sen prexuízo da correspondente indemnización polos gastos ocasionados.

Labores encamiñadas á prevención que diminúan o risco de propagación e minoren os danos dos incendios, no caso de producirse. Estes traballos desenvolveranse en faixas de xestión de biomasa ou nos terreos forestais de titularidade municipal ou de propietario descoñecido, así como en vías e camiños forestais da súa titularidade cando non sexa posible mecanizar estes traballos. Os traballos consistirán en actuacións manuais en vías e camiños forestais, áreas cortalumes e faixas de xestión de biomasa mediante roza, rareo e eliminación de restos, cun mínimo de 10 has (ou a superficie necesaria para a xustificación da subvención en función das características do medio según o convenio de colaboración) por brigada nos tres meses de operatividade da brigada ou a súa parte proporcional.

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA:

20220711_Outros_Bases Xerais da Convocatoria20220714_
Acordo_Resolución de Alcaldía aprobando a Convocatoria e as Bases

 RELACIÓN PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUÍDOS:

20220726_Acordo_Resolucion de Alcald ía aprobando a Lista provisional

RELACIÓN DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUÍDOS:

20220728_Acordo_Resolucion de Alcal día aprobando a Lista definitiva

RESULTADO SELECCIÓN BRIGADA INCENDIOS:

acta brigada incendios

Back to top
Situs sbobet resmi terpercaya. Daftar situs slot online gacor resmi terbaik. Agen situs judi bola resmi terpercaya. Situs idn poker online resmi. Agen situs idn poker online resmi terpercaya. Situs idn poker terpercaya.

situs idn poker terbesar di Indonesia.

List website idn poker terbaik.

Game situs slot online resmi

slot hoki terpercaya

Utilizamos Cookies propias y de terceros. Algunas son esenciales y necesarias para el correcto funcionamiento de la Web. Otras para optimizar su navegación, seguimiento en redes, publicidad y realizar tareas de análisis. Por favor gestione su uso a su gusto en el botón correspondiente. Puede cambiar la configuración y obtener más información: más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar