Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PUBLICADAS AS BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 5 POSTOS DE TRABALLO PARA A CONSTITUCIÓN DE UNHA BRIGADA DE INCENDIOS FORESTAIS

O Concello de Campo Lameiro acaba de facer públicas as bases para a contratación dunha brigada de incendios no municipio.

É obxecto da convocatoria a contratación, en réxime de contratación laboral temporal a xornada completa, dos seguintes postos de traballo para a constitución no municipio de unha (1) brigada de prevención e defensa contra incendios forestais para este ano 2021, composta de cinco membros:

– 1 Xefe de Brigada ( Capataz Forestal )

– 3 Peóns de Brigada

– 1 Peón – Condutor con carné B

-Serán funcións a desempeñar polos/as contratados/as, o desenvolvemento de labores de vixiancia e defensa a para a realización de até un máximo de 11,8 hectáreas (ou a superficie necesaria para a xustificación da subvención en función das características do medio según o convenio de colaboración) de traballos de prevención mediante o control do combustible de forma manual, e en todo caso as funcións establecidas no “Convenio Interadministrativo subscrito entre a Consellería do Medio Rural e a Entidade Local de Campo Lameiro para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2021 cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no Marco do PDR de Galicia 2014-2020 ”

Os traballos de extinción de incendios forestais serán prioritarios con respecto aos traballos de prevención.

SEGUNDA .-Modalidade de contratación.

 Tipo de contrato: Contrato laboral temporal, por obra ou servizo determinado, previsto no Real Decreto 2720/1988, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o art. 15 do Estatuto dos traballadores en materia de contratación de duración determinada.

 Duración : Será de tres meses dende a súa formalización, (sendo as datas previstas de inicio entre o 01 e 31 de xullo do presente ano , e de finalización entre o 30/09 ao 31/10)

 Retribución xefe de brigada: Será de 1.207,50 euros /mes brutos incluídos todos os conceptos salariais.

 Retribucións peóns de brigada e do peón condutor: Será de 1.108,33 euros /mes brutos incluídos todos os conceptos salariais.

 Xornada de traballo: Será a tempo completo e realizarase de luns a domingo cos descansos establecidos na lei, e con plena dispoñibilidade, incluíndo nela os domingos, festivos e festas locais

así como as quendas de noite que sexan necesarias.

 Funcións a realizar:

Intervención nos incendios forestais no ámbito municipal, sen prexuízo de que conforme á normativa aplicable ao persoal das brigadas municipais participará nas operación de extinción e de remate de incendios forestais, baixo o mando único operativo dependente da consellería competente en materia forestal cando así se decida por parte do mando único e conforme ao artigo 48.6 da Lei 3/2007.

Os traballos de extinción de incendios forestais serán prioritarios con respecto aos traballos de prevención.

Traballos de vixiancia e defensa contra os incendios forestais: As brigadas colaborarán prioritariamente con respecto a outros traballos na defensa contra incendios forestais integrándose no dispositivo do Distrito Forestal onde se sitúe o concello segundo o disposto no artigo 48.6 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais e o Plan de Prevención e Defensa contra os incendios forestais de Galicia (en adiante Pladiga). Así mesmo, cando concorran razóns extraordinarias, poderán colaborar na defensa de incendios declarados noutros ámbitos territoriais, dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, sen prexuízo da correspondente indemnización polos gastos ocasionados.

Labores encamiñadas á prevención que diminúan o risco de propagación e minoren os danos dos incendios, no caso de producirse. Estes traballos desenvolveranse en faixas de xestión de biomasa ou nos terreos forestais de titularidade municipal ou de propietario descoñecido, así como en vías e camiños forestais da súa titularidade cando non sexa posible mecanizar estes traballos. Os traballos consistirán en actuacións manuais en vías e camiños forestais, áreas cortalumes e faixas de xestión de biomasa mediante roza, rareo e eliminación de restos, cun mínimo de 10 has (ou a superficie necesaria para a xustificación da subvención en función das características do medio según o convenio de colaboración) por brigada nos tres meses de operatividade da brigada ou a súa parte

proporcional.

TERCEIRA.-Requisitos específicos:

Para poder participar nos procesos selectivos será necesario reunir os seguintes requisitos:

a) Ter nacionalidade española. No obstante, se terán en conta os seguintes supostos:

1. A poboación nacional dos demais estados membros da Unión Europea poderá acceder, en idénticas condicións que as persoas de nacionalidade española, á función pública investigadora, docente, de correos, sanitaria de carácter asistencial e ós demais sectores da función pública ós que, según o dereito comunitario, lles sexa aplicable a libre circulación de traballadoras e traballadores.

2. A poboación nacional de aqueles estados ós que, en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa aplicable a libre circulación de traballadoras y traballadores nos termos nos que esta está definida no tratado constitutivo da Unión Europea.

b) Estar en posesión da titulación suficiente ou estar en condiciones de obtela na fecha en que finalice o prazo de presentación das instancias para tomar parte nas probas selectivas.

c) Non estar separada o separado del servizo de ningunha Administración Pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitada o inhabilitado por sentencia firme para o

exercicio de funcións públicas.

d) Haber cumprido os 18 años de idade ou ter a idade que a convocatoria estableza como mínima antes de que finalice o prazo de presentación de instancias e non exceder de 60.

e) Ter a capacitación funcional necesaria para o desempeño das tarefas que se van a levar a cabo no posto ofertado. En consecuencia non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións do posto de traballo (Son excluíntes as lesións de corazón, pulmón ou intestinais, trastornos psicolóxicos, incapacidades do aparato locomotor, enfermidades infecciosas, a obesidade, a cegueira e a xordeira. En mulleres, será igualmente causa de exclusión o embarazo).

f) Cumprir os requisitos para exercer as funcións que lle poidan ser encomendadas, conforme a lo previsto regramentariamente.

g) Para a praza de XEFE DE BRIGADA se esixirá estar en posesión de titulación académica: Enxeñeiro de Montes ou Enxeñeiro Técnico Forestal, técnico superior en xestión e organización de recursos naturais ou paisaxísticos, técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente. Ademais terá o carne de conducir B.

h) Para as prazas de PEÓN DE BRIGADA e PEÓN CONDUTOR: Estar en posesión de carné de conducir clase B.

i) Os candidatos deberán ser persoas desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego.

CONSULTA AQUÍ AS BASES:

BASES

LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS/EXCLUÍDOS:

20210628_Acordo_Resolucion de Alcald ía aprobando a Lista provisional

LISTADO DEFINITIVO DE ADMITIDOS/EXCLUÍDOS:

20210701_Acordo_Resolucion de Alcal día aprobando a Lista definitiva

 RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA APROBANDO A LISTA PROVISIONAL

20210714_Resolucion_LISTA DEFI NITIVA ADMITIDOS AMPLIACIÓN

 RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA FORMALIZACIÓN CONTRATOS 

20210708_Resolucion_DECRETO 2021-0051 [R esolución de Alcaldía de Nomeamento]

 RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA APROBANDO A LISTA PROVISIONAL
20210729_Acordo_Resolución de Alcaldía aprobando a Lista provisional (1)

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA APROBANDO A LISTA DEFINITIVA

20210730_Acordo_Resolucion de Alcal día aprobando a Lista definitiva

Back to top

Utilizamos Cookies propias y de terceros. Algunas son esenciales y necesarias para el correcto funcionamiento de la Web. Otras para optimizar su navegación, seguimiento en redes, publicidad y realizar tareas de análisis. Por favor gestione su uso a su gusto en el botón correspondiente. Puede cambiar la configuración y obtener más información: más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar