Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PUBLICADAS AS AXUDAS PARA EFICIENCIA ENERXÉTICA EN VIVENDAS CONSTRUÍDAS ANTES DO ANO 2007

Se tes unha vivenda ou vives nun edificio construído con anterioridade á no 2007 e precisas facer reformas que melloren  o teu consumo de enerxía, esta axuda pode ser do teu interese.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

  • Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica (actuacións sobre a fachada, cubertas, carpintería exterior, vidrios, etc..)
  • Mellora da eficiencia enerxéticas e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria
  • Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación en edificios residenciais (as luminarias, lámpadas y equipos; sistemas e elementos que permitan o control local, remoto ou automático por medios dixitais de acendido e regulación do nivel de iluminación).

 

BENEFICIARIOS

Persoas físicas propietarias de vivendas unifamiliares, edificios residenciais e vivendas nestes edificios. Comunidades de persoas propietarias e agrupacións de comunidades de persoas propietarias de edificios residenciais. Agrupacións de persoas propietarias.

 

CONTÍA DAS AXUDAS.

A axuda varía para cada actuación e segundo os resultados de aforro enerxético acadados.

Para o cálculo da axuda correspondente a cada tipoloxía da actuación, que debe sinalarse no anexo I de solicitude, pode consultarse o seguinte enlace http://pree-calculo.idae.es/

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

DENDE O 02/01/2021 ATA O 31/07/2020.

 

Atención porque as solicitudes atenderanse por rigorosa orde de presentación ata o esgotamento do crédito;

 

As subvencións só se poderán presentar por medios telemáticos.

 

INFORMACIÓN

  • 012
  • AREA PROVINCIAL IGVS PONTEVEDRA………………………….986805610-986805611
  • SERVIZOS CENTRAIS IGVS……………………….981541981-981541982-981957529

    PINCHA NESTE LINK PARA MÁIS INFORMACIÓN:

AXUDAS PARA ACTUACIONS DE REHABILITACIO N ENERXÉTICA EN EDIFICIOS EXISTENTES

Back to top

Utilizamos Cookies propias y de terceros. Algunas son esenciales y necesarias para el correcto funcionamiento de la Web. Otras para optimizar su navegación, seguimiento en redes, publicidad y realizar tareas de análisis. Por favor gestione su uso a su gusto en el botón correspondiente. Puede cambiar la configuración y obtener más información: más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar