PUBLICADAS AS AXUDAS PARA EFICIENCIA ENERXÉTICA EN VIVENDAS CONSTRUÍDAS ANTES DO ANO 2007
Se tes unha vivenda ou vives nun edificio construído con anterioridade á no 2007 e precisas facer reformas que melloren o teu consumo de enerxía, esta axuda pode ser do teu interese.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
- Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica (actuacións sobre a fachada, cubertas, carpintería exterior, vidrios, etc..)
- Mellora da eficiencia enerxéticas e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria
- Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación en edificios residenciais (as luminarias, lámpadas y equipos; sistemas e elementos que permitan o control local, remoto ou automático por medios dixitais de acendido e regulación do nivel de iluminación).
BENEFICIARIOS
Persoas físicas propietarias de vivendas unifamiliares, edificios residenciais e vivendas nestes edificios. Comunidades de persoas propietarias e agrupacións de comunidades de persoas propietarias de edificios residenciais. Agrupacións de persoas propietarias.
CONTÍA DAS AXUDAS.
A axuda varía para cada actuación e segundo os resultados de aforro enerxético acadados.
Para o cálculo da axuda correspondente a cada tipoloxía da actuación, que debe sinalarse no anexo I de solicitude, pode consultarse o seguinte enlace http://pree-calculo.idae.es/
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
DENDE O 02/01/2021 ATA O 31/07/2020.
Atención porque as solicitudes atenderanse por rigorosa orde de presentación ata o esgotamento do crédito;
As subvencións só se poderán presentar por medios telemáticos.
INFORMACIÓN
- 012
- AREA PROVINCIAL IGVS PONTEVEDRA………………………….986805610-986805611
- SERVIZOS CENTRAIS IGVS……………………….981541981-981541982-981957529
PINCHA NESTE LINK PARA MÁIS INFORMACIÓN:
AXUDAS PARA ACTUACIONS DE REHABILITACIO N ENERXÉTICA EN EDIFICIOS EXISTENTES