Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PROGRAMA DE APOIO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS DA FUNDACION JUAN DE VEGA

A FUNDACIÓN JUANA DE VEGA LANZA UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA DE APOIO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS

O obxectivo desta iniciativa é ofrecer novas oportunidades de impulso para as empresas do sector primario e derivados de Galicia.

Entre as novidades deste ano destaca a ampliación da súa oferta de asesoramento a empresas xa existentes do sector agroalimentario, forestal, marisqueiro e pesqueiro galego.Este ano, co obxectivo de adaptarse ás novas necesidades e demandas do sector, ampliouse o programa acollendo ademais de emprendedores, a empresas xa en funcionamento que queiran poñer en marcha novos proxectos.

A diferenza das pasadas edicións, este ano determináronse tres modalidades no programa, no que poderán participar un total de 11 emprendedores ou empresas:

  • Emprendemento: axuda aos emprendedores a desenvolver as súas ideas empresariais, convertelas en proxectos de negocio e materializalas en empresas reais, innovadoras e competitivas.
  • Consolidación: axuda ás empresas existentes a consolidar os seus proxectos empresariais intentando mellorar o seu funcionamento mediante asesoramento na toma de decisións nas áreas de negocio máis estratéxicas.
  • Crecemento: axuda ás empresas que xa están en funcionamento a xerar novas liñas de negocio e/ou novas propostas de valor, desenvolvéndoas e axudándoas na súa aplicación.

O obxectivo principal é o apoio a aqueles emprendedores cunha idea de negocio no rural, pero tamén ás PEMES galegas, a través dun proxecto con seguimento e titorización personalizada, adaptada ás necesidades particulares de cada caso.

Poderán participar en calquera das tres modalidades, tanto empresas existentes como novas iniciativas empresariais nos campos da industria agroalimentaria, forestal, marisqueira e pesqueira ou outros sectores relacionados co anterior, que desenvolvan a súa actividade en Galicia.

Ao longo de 2020, empresas e emprendedores seleccionados participarán en seminarios e titorías individualizadas para o seguimento e consulta dos seus proxectos por parte da Fundación Juana de Vega e diferentes especialistas do sector. Dependendo das necesidades de cada iniciativa, o contido de cada proxecto pode ir desde a definición de modelos de negocio, a elaboración dun plan de marketing, ata a asistencia xurídica, ou apoio na tramitación de axudas ou a asistencia na captación de recursos financeiros.

Os emprendedores e empresas interesadas terán ata o 30 de novembro para presentar as súas ideas de negocio ou proxectos de crecemento e consolidación.

A inscrición para participar no proceso de selección está dispoñible no seguinte enlace.

BASES PROGRAMA DE APOIO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS. JUANA DE VEGA

FJV-PPA-Tríptico-Castellano

Back to top
Situs sbobet resmi terpercaya. Daftar situs slot online gacor resmi terbaik. Agen situs judi bola resmi terpercaya. Situs idn poker online resmi. Agen situs idn poker online resmi terpercaya. Situs idn poker terpercaya.

situs idn poker terbesar di Indonesia.

List website idn poker terbaik.

Game situs slot online resmi

slot hoki terpercaya

situs judi online terpercaya

Utilizamos Cookies propias y de terceros. Algunas son esenciales y necesarias para el correcto funcionamiento de la Web. Otras para optimizar su navegación, seguimiento en redes, publicidad y realizar tareas de análisis. Por favor gestione su uso a su gusto en el botón correspondiente. Puede cambiar la configuración y obtener más información: más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar