Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OS VOCEIROS MUNICIPAIS SELAN UN PACTO DE UNIDADE DE ACCIÓN PARA A DEFENSA DOS INTERESES DOS VECIÑOS FRONTE AO PECHE DA SUCURSAL DE ABANCA EN CAMPO LAMEIRO

Os tres grupos políticos con representación na Corporación Municipal de Campo Lameiro, PPdeG, Porvir e PSdeG-PSOE, acordaron por unanimidades selar un pacto de unidade de acción para facer fronte, con tódolos medios democráticos ao seu alcance, á decisión unilateral de peche da sucursal de Abanca no municipio.

O alcalde Carlos Costa e os voceiros de Porvir, Martina Viéitez, e do PSdeG-PSOE, Adrián Vidal, manifestaron na Xunta de Portavoces desta mañá a súa indignación fronte a esta decisión que cualificaron de “inxusta e antisocial” e acordaron convocar un Pleno Extraordinario urxente para o vindeiro martes 17 de agosto ao tempo que abrían un periodo de estudio para levar a cabo accións consensuadas, mobilizacións sociais e aperturar contactos con outras entidades financeiras coa intención de que poidan ocupar nas mellores condicións posibles o oco que deixará previsiblemente Abanca en Campo Lameiro.

Carlos Costa trasladoulle aos voceiros municipais relación das medidas tomadas tras coñecer a noticia, este mércores ás 14 horas, consistentes no envío dunha carta de protesta ao presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet; a realización de chamadas aos alcaldes de Poio, Marín, Cerdedo-Cotobade e Forcarei, con problemas similares derivados do peche de oficinas bancarias nos seus territorios, co fin de coordinar actuacións e tamén manter unha xuntanza cos comerciantes, que tivo lugar na tarde-noite de onte.

No transcurso desa xuntanza, os comerciantes pedíronlle ao alcalde a máxima unidade de acción entre os grupos políticos municipais, a realización de xestións para conseguir que se instalara outra entidade financeira ou un axente bancario que dera un servizo similar ao que se perderá e tamén apostaron pola retirada dos depósitos en Abanca en favor do novo prestador do servizo así como a convocatoria de mobilizacións de todo tipo.

O rexedor comprometeuse a seguir mantendo informados aos voceiros dos grupos municipais e a coordinar, pola vía do consenso, calquera iniciativa que se pudera acordar tras a celebración do Pleno do martes. Tamén os convidou a presentar alternativas para ser obxecto de estudio co fin de ser asumidas polo conxunto dos grupos municipais e fomentar a unidade de acción.

Back to top
slot pragmatic play online surya168 idn poker idn poker slot gacor hari ini catur777 slot server jepang idn poker judi bola sbobet

Utilizamos Cookies propias y de terceros. Algunas son esenciales y necesarias para el correcto funcionamiento de la Web. Otras para optimizar su navegación, seguimiento en redes, publicidad y realizar tareas de análisis. Por favor gestione su uso a su gusto en el botón correspondiente. Puede cambiar la configuración y obtener más información: más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar