Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO RECORDA A OBRIGACIÓN DE MANTER LIMPAS AS FINCAS E TOMAR MEDIDAS DE PREVENCIÓN CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

O Concello de Campo Lameiro acaba de facer público un bando mediante o cal se recorda á veciñanza a necesidade de manter limpas as fincas en solo urbano ou núcleo rural así como unha serie de medidas preventivas fronte ao risco de incendios forestais.

Entre os criterios para a xestión da biomasa que lembra o Concello figura a obriga de manter a raia a presenza de especies pirófitas, así lembra que dende o límite da aldea ou vila ata os 50 metros non pode haber maleza, nin as especies da “disposición adicional terceira” que son piñeiros, eucaliptos, mimosas, acacia negra, queiruga, carqueixa, xesta, piorno, uz, carpaza, fento, silva ou toxo.

O resto das árbores teñen que estar separadas entre si un mínimo de 7×7 metros. No caso de casas illadas, ademais do anterior, non poderá haber maleza nin árbores (de ningún tipo) dendo o límite da casa ata os 10 metros.

O prazo de limpeza de fincas xa rematou. No caso de non limpar o Concello lembra que poderá ordenar traballos de limpeza repercutindo os seus custos no propietario, obrigar a que se lle facilite o acceso para o cumprimento subsidiario da limpeza e iniciar o procedemento sancionador con imposición das sancións legalmente establecidas.

LIMPEZA DE FINCAS 2020

Back to top

Utilizamos Cookies propias y de terceros. Algunas son esenciales y necesarias para el correcto funcionamiento de la Web. Otras para optimizar su navegación, seguimiento en redes, publicidad y realizar tareas de análisis. Por favor gestione su uso a su gusto en el botón correspondiente. Puede cambiar la configuración y obtener más información: más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar