Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO PUBLICA AS BASES DOS NOVOS SORTEOS DE CHEQUES-REGALO DE APOIO AO COMERCIO LOCAL PARA O ANO 2021

BASES REGULADORAS PARA O CONCURSO-SORTEO DE BONOS DE COMPRA CON MOTIVO DE FOMENTAR A ACTIVIDADE COMERCIAL DO CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO, DURANTE O ANO 2021. 



1. OBXECTIVO 


O obxectivo das presentes bases é regular as condicións do concurso-sorteo de bonos destinados á compra de bens e servizos en Campo Lameiro ao longo do ano 2021, coa finalidade de activar a economía local.

2. PRESUPOSTO DISPOÑIBLE 

A cantidade destinada a esta convocatoria será de 2.475 euros realizándose o gasto con cargo á partida 330.22609

3. PERSOAS BENEFICIARIAS 

Considéranse persoas beneficiarias destas axudas as persoas físicas ou xurídicas que, en calidade de clientes/as das entidades adheridas á convocatoria sexan premiadas cos bonos de compra .

4. EMISIÓN E PAGO DOS BONOS 

O concello emitirá os bonos de compra ás persoas premiadas.

As entidades adheridas facturarán ó concello, previa xustificación, os importes equivalentes á contía de gasto dos bonos canxeados, da maneira e periodicidade que estimen oportuna pero con data de finalización do proceso a 30 decembro de 2020 e dentro dos termos indicados nos puntos 7 e 12 das presentes bases.

5. REQUISITOS PARA A CONDICION DE BENEFICIARIO/A 

Non poderán obter a condición de beneficiarias dos bonos regulados nestas bases as persoas en quen concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de subvencións.

6. CONCURSO-SORTEO E BONOS 

O concurso rexerase pola modalidade de sorteo. O concurso constará de 11 sorteos, un por cada mes do ano 2021 de xaneiro a novembro. O concello de Campo Lameiro emitirá papeletas participativas identificadas co mes do sorteo ao que pertencen. Cada entidade adherida contará coa mesma cantidade de boletos, que repartirá entre a súa clientela, na maneira que cada comercio estime oportuna.

Os sorteos celebraranse na seguinte maneira e forma. Entre as papeletas repartidas resultarán premiadas as papeleta que coincidan coas últimas catro cifras do primeiro e mais do segundo premio do sorteo da Lotería Nacional do último sábado de cada mes do ano, de xaneiro a novembro.

PREMIOS:

1º. Terán o valor equivalente a 125€. ó boleto premiado que coincida coas catro últimas cifras do primeiro premio do SORTEO do último sábado de cada mes, agás decembro. 

2º. Terán o valor equivalente a 100€. ó boleto premiado que coincida coas catro últimas cifras do segundo premio do SORTEO do último sábado de cada mes, agás decembro. 

As persoas beneficiarias dos bonos poderán solicitar unha fragmentación da contía total en bonos de cantidades inferiores, sempre en cifras redondeadas e nunca inferiores a 25 euros.

7. VIXENCIA DOS BONOS 

Os bonos deberán ser canxeados con data límite de 15 DIAS POSTERIORES ás datas dos SORTEOS NOS QUE RESULTASEN PREMIADOS DENTRO DO ANO 2021. 

Os bonos que non sexan canxeados antes da data límite perderán automáticamente a súa validez. 

So poderá utilizarse un bono por cada compra ou transacción efectuada, independentemente da contía da mesma.

O/A beneficario/a deberá acreditar que cumpre os requisitos para ser perceptor de subvencións por parte do Concello de Campo Lameiro.

8. ENTIDADES ADHERIDAS 

Poderán ter a consideración de entidades adheridas aqueles establecementos comerciais de calquera natureza estando ubicados no concello de Campo Lameiro, que se atopen dados de alta no padrón do Imposto de actividades Económicas en Campo Lameiro. O cumprimento deste requisito será verificado de oficio polo concello de Campo Lameiro.

Tamén poderán ter a consideración de entidades adheridas aqueles establecementos comerciais que non estando dados de alta no padrón do IAE en Campo Lameiro por distintas razóns legais, están en posesión da licenza de actividade emitida polo concello de Campo Lameiro.

As entidades adheridas terán a consideración de entidades colaboradoras, de conformidade co establecido no primeiro apartado do artigo 12 da Lei Xeral de Subvencións, séndolles de aplicación o réxime xurídico previsto en dita norma legal para as entidades colaboradoras na xestión de subvencións.

9. REQUISITOS E DOCUMENTACION A APORTAR PARA A OBTENCIÓN DA CONDICIÓN DE ENTIDADE ADHERIDA 

Ademais do requisito establecido no artigo anterior, a s entidades adherida s deberán cumprir todos e cada un dos requisitos establecidos no artigo 13 da da Lei Xeral de Subvencións. 

As entidades solicitantes deberán entregar no Concello de Campo Lameiro o impreso de solicitude debidamente cumprimentado en todos os seus apartados.

Os comercios que xa están a participar na edición do ano 2020 de “Campo Lameiro de todo para tod@s” xa se consideran inscritos automáticamente na campaña do ano 2021. Se algún deles quere darse de baixa como entidade adherida pode facelo cubrindo o formulario de baixa, e entregando este nas oficinas do concello.

10. PRAZO E FORMA DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADHESIÓN. 

·         Prazo de presentación das novas solicitudes de adhesión será ata o 30 de decembro de 2020. 

·         As solicitudes de adhesión deberán formularse a través do modelo específico para este concurso-sorteo. O concello facilitará os modelos de solicitude de maneira física ou telemática a todas as entidades que o soliciten. 

·         As solicitudes deberán ser presentadas por rexistro ou a través da sede electrónica do concello de Campo Lameiro. 

11. SUBSANACIÓN DA SOLICITUDE 

Cando a instancia da solicitude tivese algún erro ou estivesen incompletas, outorgarase ás entidades interesadas un prazo de dous días hábiles para corrixir os defectos detectados. Transcorrido o devandito prazo sen que se houbese feito, darase por desestimada a súa solicitude de adhesión.

12. XUSTIFICACIÓN DAS ENTIDADES ADHERIDAS 

O concurso-sorteo rematará o día 30 de novembro de 2021, e en todo caso coa celebración do último sorteo do mes de novembro. Dende esa data, as persoas premiadas e as entidades colaboradoras disporán ata o 20 de decembro de 2021 para a realización dos trámites necesarios de compra e facturación respectivamente.

Os xustificantes necesarios por parte das entidades adheridas consistirán en:

·         Os bonos canxeados en cada entidade adherida . 

·         A cada bono xuntaráselle unha copia da factura emitida froito da transacción comercial realizada . 

·         Non se admitirán facturas nas que a súa relación co bono xere algún tipo de dúbida. 

·         Tampouco se admitirán bonos deteriorados ou que presenten algún signo evidente de ter sido manipulados ou falsificados. 

13. ÓRGANO COMPETENTE PARA A INSTRUCCIÓN E RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA 

O órgano competente para ditar cantos acordos se requiran no procedemento será o Alcalde do Concello de Campo Lameiro.

14. OBRIGAS DAS ENTIDADES ADHERIDAS 

Son abrigas das entidades adheridas, ademais das sinaladas para as entidades colaboradoras no art.15 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, así como no Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei, as que se sinalan a continuación:

·         Comprometerse á recepción e colocación dos materiais publicitarios, que reparta o concello, nun lugar visible. 

·         Tratar de acordo cos principios de igualdade de trato a toda a súa clientela, velando especialmente pala transparencia e igualdade de condicións no reparto de papeletas. 

·         Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes.

·         Respectar, no marco das súas actividades, a igualdade de xénero. 

15. INFRACCIÓN E SANCIÓNS 

Ademais do disposto nas presentes bases, a presente convocatoria supeditarase ó establecido na lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, no Real Decreto 887/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, na Norma de execución presupostaria que se atope vixente en cada momento de cada convocatoria, e demais normativa que resulte de aplicación.

16. RÉXIMEN XURÍDICO 

Ademais do disposto nas presentes bases, a presente convocatoria supeditarase ó establecido na lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, no Real Decreto 887/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, na Norma de execución presupostaria que se atope vixente en cada momento de cada convocatoria, e demais normativa que resulte de aplicación.

DESCARGA E CUMPRIMENTA ESTA DOCUMENTACIÓN:

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN PARA ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS:

SOLICITUDE DE BAIXA PARA ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS:

Back to top

Utilizamos Cookies propias y de terceros. Algunas son esenciales y necesarias para el correcto funcionamiento de la Web. Otras para optimizar su navegación, seguimiento en redes, publicidad y realizar tareas de análisis. Por favor gestione su uso a su gusto en el botón correspondiente. Puede cambiar la configuración y obtener más información: más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar