O CONCELLO PON EN MARCHA A APP TOKAPP PARA FACILITAR UNHA NOVA CANLE DE COMUNICACIÓN ENTRE OS VECIÑOS E A ADMINISTRACIÓN LOCAL
O Concello de Campo Lameiro pon en marcha unha nova ferramenta para favorecer e abrir de xeito permanente unha canle de comunicación entre a administración local e a veciñanza.
Trátase de TOKAPP, unha aplicación mobil para comunicar aos vecinos co Concello, onde se subscriben para recibir avisos sobre certos temas e poden presentar incidencias ou suxerencias para que sexan atendidas.
Se tes algunha dúbida para descargala e subscribirte a ela, pásate pola aula Cemit.