O CONCELLO INFORMA DUNHA PUBLICACIÓN DO MINISTERIO SOBRE POSIBLES ERROS NO COBRO DOS ERTEs
O SEPE publicou unha guía rápida para que se poidan identificar os posibles erros, así como a súa vía de solución, cometidos no recoñecemento das prestacións dun Expediente de Regulación Temporal de Emprego ( ERTE).
As comunicacións deben dirixirse á Dirección Provincial correspondente por rexistro electrónico común, describindo no campo “Expón” o motivo da remisión do novo Excel. Consulta na imaxe adxunta os casos máis comúns.