Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO EDITA UN BANDO PARA INFORMAR Á VECIÑANZA DO PROGRAMA “XUNTOS POLO NADAL 2021” POSTO EN MARCHA POLA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

A Consellería de Política Social, convoca o programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas no Nadal que inclúe:

Aloxamento en habitacións compartidas 

Manutención en réxime de pensión completa na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense) durante 8 días (7 noites) 

Desprazamento en autobús desde Pontevedra 

Actividades de animación sociocultural.

O Programa é gratuíto e poderase participar: ou ben, entre o día 22 e o 29 de decembro de 2021, ou ben, entre o día 31 de decembro e o 7 de xaneiro de 2022.

Requisitos que debe reunir a persoa beneficiaria:

a.Ter 60 anos cumpridos antes de que remate o prazo de solicitude.

b.Estar empadroada nalgún concello galego.

c.Vivir soa e ter que pasar soa as datas do Nadal.

d.Valerse por si mesma e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía.

e.Estar vacinada fronte á COVID-19 segundo o calendario sanitario vixente.

Terán preferencia as persoas que perderan ao seu cónxuxe ou persoa coa que convivisen nos últimos anos, as de máis idade e as que non participaran no Programa Xuntos polo Nadal en pasadas edicións.

Máis información e solicitudes, ata o 15 de novembro de 2021 incluído, nos servizos sociais comunitarios 

Back to top
slot pragmatic play online surya168 idn poker idn poker slot gacor hari ini catur777 slot server jepang idn poker judi bola sbobet

Utilizamos Cookies propias y de terceros. Algunas son esenciales y necesarias para el correcto funcionamiento de la Web. Otras para optimizar su navegación, seguimiento en redes, publicidad y realizar tareas de análisis. Por favor gestione su uso a su gusto en el botón correspondiente. Puede cambiar la configuración y obtener más información: más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar