O CONCELLO EDITA UN BANDO INFORMATIVO SOBRE O PROGRAMA DE BALNEARIOS POSTO EN MARCHA POLA XUNTA
O Concello de Campo Lameiro acaba de editar un Bando asinado polo alcalde, Carlos Costa, informando sobre as condicións que rixen o Programa de Balnearios posto en marcha pola Xunta de Galicia para este ano.
📌 PROGRAMA BALNEARIOS
🗓️PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES
👉 Do 19 de setembro ó 18 de outubro de 2023.
➡️Concesión de estadías en prazas de establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia dentro do programa de Benestar en balnearios.
🗣️A quen vai dirixido?
👉1. Serán persoas beneficiarias do programa Benestar en balnearios para o ano 2023 aquelas que reúnan os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
b) Estar empadroada e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Valerse por si mesma para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa.
d) Non padecer alteracións do comportamento que podan afectar á normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
e) Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
f) Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
g) Deben cumprir cos requisitos e obrigas sinalados no artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
👉2. A persoa solicitante poderá participar na convocatoria da oferta de estadías e tratamentos do programa acompañadas das seguintes persoas:
a) Polo seu ou a súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa coa que teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados no número 1, excepto o sinalado na letra a).
b) Por un fillo ou filla que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando este poida acudir sen necesidade de apoio de terceira persoa, se poida desprazar con autonomía, comparta o cuarto coas persoas proxenitoras solicitantes e cumpra os requisitos citados no número 1, agás o da letra a).
c) Por unha persoa coa que desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos citados no número 1.
👉3. As persoas solicitantes terán que cumprir os requisitos establecidos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
MÁIS INFORMACIÓN:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS607A&anno=2023&numpub=1&lang=gl