O CONCELLO DE O CAMPO LAMEIRO PUBLICA UN BANDO PARA SOLICITAR A COLABORACIÓN VECIÑAL NO USO RESPONSABLE DA AUGA
As elevadas temperaturas e a diminución das reservas de auga obrígannos a actuar con responsabilidade. Por este motivo, o Concello de O Campo Lameiro fai un chamamento á colaboración de toda a veciñanza para garantir o abastecemento durante os próximos meses.
📌 Lembramos as medidas actualmente en vigor:
🚫 Prohibido encher piscinas privadas.
🚫 Prohibido regar xardíns e zonas verdes, tanto públicas como privadas.
🚫 Prohibido baldear rúas e beirarrúas con auga potable.
🚫 Prohibido lavar vehículos, agás o camión do lixo.
💧 Evitar consumos non esenciais e facer un uso responsable da auga potable.
Cada pequeno xesto conta:
✔️ Pecha a billa cando non sexa necesario.
✔️ Prioriza a ducha fronte ao baño.
✔️ Utiliza lavadora e lavalouzas sempre con carga completa.
✔️ Repara as billas que perdan auga.
✔️ Comunica ao Concello calquera fuga que detectes.
🤝 A colaboración de todas e todos é fundamental para evitar cortes no subministro e garantir un uso sostible dun recurso tan valioso como a auga.
Grazas pola vosa comprensión e colaboración.