Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO REPARTE ENTRE OS CATIVOS DO MUNICIPIO MASCARILLAS DA SÚA TALLA E DIPLOMAS PERSONALIZADOS A DOMICILIO DE “BO COMPORTAMENTO” DURANTE O CONFINAMENTO

Un total de 150 nenos e nenas menores de 14 anos recibiron tamén outro recoñecemento da tenda “Un Par de Dous”, un kit de xogos para nenos e gominolas sen gluten ademais do recordatorio dos servizos municipais de impresión e entrega a domicilio de tarefas escolares.

O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa Domínguez, e membros do equipo de goberno repartiron, a domicilio, ao longo do día de hoxe a uns 150 nenos e nenas menores de 14 anos mascarillas de tamaño reducido adaptadas á súa talla e diplomas personalizados cos seus respectivos nomes onde se lle recoñece o seu “bo comportamento” durante o tempo de confinamento agora que van a poder saír dos seus domicilios.

Durante as visitas domiciliarias os representantes municipais fixeron entrega tamén doutro diploma realizado pola tenda “Un Par de Dous”, de Campo Lameiro, onde se lles agradece e felicita polo seu bo comportamento durante a cuarentena ademais de material para estimula-lo xogo en casa e gominolas sen gluten para adoza-lo seu confinamento. Tamén se lles entregou un folleto recordatorio dos servizos municipais de impresión e entrega a domicilio de tarefas escolares.

 ROGELIO REBOREDO, DE “A NOSA TAPICERÍA” DOOU 150 MASCARILLAS PARA OS MÁIS CATIVOS DO MUNICIPIO

Nesta ocasión, “A Nosa Tapicería”, propiedade de Rogelio Reboredo, fixo unha tiraxe especial de mascarillas de tallaxe especialmente adaptadas para nenos e nenas para que poidan utiliza-las cando saian do seu confinamento domicilio, dentro das medidas aprobadas para os menores de 14 ano polo Goberno Central e que entran en vigor a partir de este domingo.

Na entrega domiciliaria de mascarillas, os encargados de face-lo reparto entregaron dous protectores de cor branca e outros dous de cor negra por cara neno ou nena residente en todos e cada un dos lugares e aldelas do concello de Campo Lameiro. Rogelio Reboredo, propietario de “A Nosa Tapicería” doou 150 destas mascarillas para cativos (na ocasión anteior xa doara 1.500 para os seus conveciños).

Con esta iniciativa, o alcalde manifestou que pretende “achegar unha solución para aqueles nenos e nenas que vaian saír estes días á rúa, dentro da autorización feita polo Goberno Centra, e podan contar con protección do seu tamaño e a súa talla ou polo menos máis doadas de adaptar que as de adulto que repartimos inicialmente. Pretendemos tamén que se sintan partícipes desta loita colectiva contra o inimigo común que representa a ameaza invisible do coronavirus e, ao mesmo tempo, demostrarlles a nosa admiración e cariño polo seu exemplar comportamento e a súa paciencia durante este mes e pico de confinamento”, asegurou o alcalde Carlos Costa.

AGRADECEMENTO A “UN PAR DE DOUS”

Por outra banda, o rexidor agradeceu á tenda “Un Par de Dous”, de Campo Lameiro, a súa iniciativa de entregar tamén un recoñecemento personalizado aos cativos e tamén as golosinas sen gluten e material de xogo que se adxuntou durante este reparto para facilitar que chegaran a todas partes aproveitando a infraestruturas e a distribución destas mascarillas e os seus diplomas por parte do Concello de Campo Lameiro.

“Desde logo ver como todo o mundo en Campo Lameiro, tamén a tenda “Un Par de Dous”, se está implicando dun xeito solidario para que todos xuntos demos a batalla sin que ningun colectivo, ningunha persoa se sinta soa, abandoada ou que poda quedar atrás, énchenos de orgullo a todos. Levamos desde o primeiro momento atendendo as necesidades das persoas maiores, das que viven soas e son máis vulnerables, a través dos nosos Servizos Sociais e coa colaboración de todos, tamén atendendo ás demandas dos cativos imprimíndolles as súas tarefas escolares e levándollas ás casas para evitar unha fenda dixital por falta de recursos ou posibilidades, tamén achegamos medicamentos a quen lles fai falta e agora recoñecemos aos nosos cativos o seu sacrificio”, dixo Carlos Costa.

 

Back to top

Utilizamos Cookies propias y de terceros. Algunas son esenciales y necesarias para el correcto funcionamiento de la Web. Otras para optimizar su navegación, seguimiento en redes, publicidad y realizar tareas de análisis. Por favor gestione su uso a su gusto en el botón correspondiente. Puede cambiar la configuración y obtener más información: más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar