Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO RECEPCIONA AS OBRAS DO CAMIÑO DO FONDO E O DA CONLA

O Concello de Campo Lameiro recepciona as obras do Camiño do Fondo e tamén o do Camiño da Conla. No caso do primeiro, o Concello de Campo Lameiro logrou 30.318,18 euros de Fondos Europeos canalizados a través do Plan Marco da Xunta de Galicia e que conta co financiamento do “Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural” que cofinancia tamén o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e a Unión Europea.

Esta axuda provinte de fondos da Unión Europea permite investir no reforzo da capa de rodadura do firme do Camiño do Fondo en Campo Lameiro a cal favorecerá vertebrar mellor a comunicación interior do municipio, sobre todo en lugares de carácter rural onde a Unión Europea ten un programa para investir de xeito específico co fin de mellora-la calidade de vida dos residente neste ámbito.

Por outra banda, o Concello de Campo Lameiro recepcionou a obra do Camiño da Conla para o cal logrou da Vicepresidencia da Xunta unha axuda duns 28.000 euros para a adecuación deste vial que tivo un coste total duns 40.000 euros. A subvención da Xunta alcanza o 70% do custe total da obra a realizar e o resto correu por conta do Concello de Campo Lameiro.

Con esta actuación o Concello de Campo Lameiro mellora substancialmente esta vía de comunicación e vertebración interior do municipio que se atopaba nunha situación de deterioro importante con presenza de continuos baches e zonas moi afectadas polo paso de vehículos agrícolas e de gran peso.

Dossier fotos camiño do Fondo Campo Lameiro.docx

Back to top
slot pragmatic play online surya168 idn poker idn poker slot gacor hari ini catur777 slot server jepang idn poker judi bola sbobet

Utilizamos Cookies propias y de terceros. Algunas son esenciales y necesarias para el correcto funcionamiento de la Web. Otras para optimizar su navegación, seguimiento en redes, publicidad y realizar tareas de análisis. Por favor gestione su uso a su gusto en el botón correspondiente. Puede cambiar la configuración y obtener más información: más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar