Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO PROGRAMA A VISITA DUNHA UNIDADE MÓBIL DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS PARA OS DÍAS 15 E 16 DE NOVEMBRO NA RÚA NOVA

Tractores e vehículos agrícolas de Campo Lameiro e municipios limítrofes poderán ser examinados na Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas instalada durante todo o día do MÉRCORES 15 de NOVEMBRO (de 9 a 13:30 horas e de 15:15 a 18 horas) e XOVES 16 de NOVEMBRO (de 9 a 13:30 horas) na Rúa Nova (entre Rúa Codeseda e Chanciña).

Para poder pasa-los controis técnicos que realizará a empresa concesionaria de Inspección Técnica de Vehículos, Supervisión e Control, deberán solicitar cita previa chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través de internet na web www.sycitv.com.

Os procesos de inspección centráronse, fundamentalmente, en comprobar o estado dos freos e da dirección, así como outros puntos vitais na seguridade destas máquinas de uso agropecuario.

A revisión realizada por esta ITV móbil ten a mesma validez que calquera outra permanente existente en Galicia e o feito de que se instale en Campo Lameiro permitirá aos propietarios de vehículos agrícolas do municipio e doutros lindeiros poidan pasar a correspondente revisión con total comodidade ao non ter que desprazarse ás existentes en Ponte Bora ou Curro, entre outras.

A revisión periódica destes vehículos agrícolas é obrigatoria e, ao mesmo tempo, é unha medida preventiva que mellora a seguridade dos usuarios destas máquinas que, por desgraza, son obxecto de continuos accidentes no mundo rural. Asi, poderán facer uso deste servizo os tractores agrícolas, maquinaria autopropulsada, remolques agrícolas e outros vehículos agrícolas especiais, excepto motocultores e máquinas equiparadas.

A frecuencia obrigatoria para pasar a ITV está establecida do seguinte xeito: ata 8 anos, exento; de 8 a 16 anos, deben facela bianualmente e de máis de 16 anos cada anualidade.
Estas unidades móbiles percorren as principais comarcas da provincia de Pontevedra sendo moi demandadas en zonas, como O Deza e O Salnés debido á presenza de gran cantidade de maquinaria agrícola susceptible de ser supervisada periodicamente por inspectores da ITV.

Back to top