O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO ORGANIZA EN TEMPOS DE PANDEMIA O CONCURSO “O MELLOR ENTROIDO, A TÚA IMAXINACIÓN”
O Concello de Campo Lameiro, a través da súa Concellería de Cultura e Festas e a Concellería de Comercio, convoca o concurso e desfile de ENTROIDO 2021, co obxecto de incentivar a participación cidadá con motivo da celebración do Entroido.
BASES DO CONCURSO E DESFILE DE ENTROIDO 2021
- Contido Bases Legais do Concurso e Desfile
- PERSOAS ÁS QUE SE DIRIXE
Para participar neste concurso e desfile establécense dúas modalidades segundo formato:
** Fotografía.
** Participación nunha vídeo chamada online para o desfile.
As categorías para participar serán:
Categoría Infantil: ata os 12 anos.
Categoría Adultos: dende os 13 anos.
Categoría Familiar: parellas e grupos convivintes (dúas ou máis persoas).
- MODALIDADES
MODALIDADE DE FOTOGRAFÍA
Consiste en dúas modalidades:
- FOTOGRAFÍA ACTUAL: Consiste na presentación de fotografías coa temática do Entroido, que deberán reunir as seguintes especificacións:
* A fotografía deberá ter como denominación o título da proposta do disfrace, nome co que concursará.
* A fotografía deberá axuntarse como arquivo en formato JPG ou PNG (non se acepta formado PDF).
* Os grupos ou parellas da categoría familiar, deben ser convivintes.
- FOTOGRAFÍA ANTIGA: Consiste na presentación de fotografías dos desfiles do Entroido de Campo Lameiro de anos anteriores.
* Só se poderá presentar unha fotografía por persoa, e na mesma non deberán saír terceiros, polo que quedarán fóra do concurso as fotografías que non pertenzan á persoa participante ou ó seu entorno familiar.
* Deberase especificar xunto co envío da fotografía a data da mesma e un nome co que participará no concurso.
MODALIDADE DE DESFILE
- Participa no desfile online que se levará a cabo o 27 de Febreiro ás 18:00 horas a través da plataforma ZOOM, onde poderás mostrar a túa imaxinación e o teu humor.
* Necesario enviar correo electrónico para acceder á vídeo chamada do desfile.
* Os grupos ou parellas da categoría familiar teñen que ser convivintes.
* Cada un pode poñer a súa música se o desexa.
- Os espectadores que desexen ver o desfile non estarán na vídeo chamada. Ésta, será retransmitida en directo polo Facebook do Concello de Campo Lameiro e alí poderán vela en tempo real e comentala no chat.
Para ambas modalidades terase en conta:
- Unha mesma persoa poderá participar en dúas modalidades ( fotografía e desfile ) e en distintas categorías ( infantil e familiar ou adulto e familiar ) sempre que non se utilice o mesmo disfrace.
- Deben cumprir en ambas modalidades a normativa vixente da COVID-19, no seu defecto será descualificado automaticamente.
- CRITERIOS DE VALORACIÓN
Os criterios de valoración son:
- Creatividade: de 0 a 5 puntos.
- Orixinalidade: de 0 a 5 puntos.
- Posta en escena: de 0 a 5 puntos.
- Confección do disfraces: de 0 a 5 puntos. (Terase en conta a utilización de materiais reciclados, facilmente constatables.
- Humor: de 0 a 5 puntos.
- PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN
- FOTOGRAFÍAS: : Envíanos un correo electrónico cunha fotografía do teu disfraz ou de entroidos de Campo Lameiro de anos anteriores antes do 25 de Febreiro as 14:00 horas ó correo electrónico info@campolameiro.com co asunto CONCURSO ENTROIDO 2021.
* A fotografía deberá estar en formato JPG ou PNG.
* No corpo do correo deberase indicar o nome, apelidos, domicilio e teléfono da persoa concursante xunto co título do disfrace ou nome da foto.
No caso de participar na categoría familiar, deberanse indicar os datos de todos os participantes.
No caso de concursar un menor de 14 anos, deberánse enviar os datos do pai/nai/titor legal.
* Deberase especificar a modalidade na que desexa participar.
* Se se trata dunha fotografía de anos anteriores, deberase incluír tamén no correo a data da mesma e os datos das persoas que aparecen na foto.
- DESFILE: Envíanos un correo electrónico antes do 23 de Febreiro as 14:00 horas a info@campolameiro.com co asunto DESFILE ENTROIDO 2021.
* No corpo do correo deberase indicar o nome, apelidos, domicilio e teléfono da persoa concursante xunto co título da actuación para o desfile.
No caso de participar na categoría familiar, deberanse indicar os datos de todos os participantes.
No caso de participar un menor de 14 anos, deberán enviarse os datos do pai/nai/titor legal.
* Deberase especificar a modalidade na que desexa participar.
* Unha vez recibido o correo electrónico, e nos días previos ó desfile, enviaráselle ós participantes un correo electrónico co enlace á vídeo chamada e diversas indicacións sobre o desenvolvemento da mesma. Nel incluirase tamén un número de participación e o orde dos participantes no desfile.
- Nos días previos ó desfile, publicaranse na páxina web do Concello e no Facebook a listaxe coa orde do desfile.
- Os espectadores non estarán na vídeo chamada. Ésta retransmitirase en directo polo Facebook do Concello e aí poderán vela en tempo real e comentala no chat.
- PREMIOS
Destínase un crédito de 950 euros que se imputará á aplicación orzamentaria
330.22609 do orzamento municipal do exercicio 2021, prorrogado do 2020.
Estes 950 euros repartiranse de acordo a estes criterios:
PREMIOS:
(Vales de compra para canxear no comercio local de Campo Lameiro)
MODALIDADE DESFILE | MODALIDADE FOTOGRAFÍA | |
INFANTIL INDIVIDUAL
(ata 12 anos) |
1º: 50€ 2º: 35€ 3º: 20€ | 1º: 40€ 2º: 30€ 3º: 20€ |
ADULTO INDIVIDUAL
(dende os 13 anos) |
1º: 75€ 2º: 50€ 3º: 30€ | 1º: 40€ 2º: 30€ 3º: 20€ |
FAMILIAR
(parellas ou grupos CONVIVENTES) |
1º: 100€ 2º: 75€
3º: 50€ |
1º: 50€ 2º: 40€ 3º: 30€ |
PREMIO ESPECIAL XURADO | 50€ | 40€ |
PREMIO FOTOGRAFÍA ANTIGA | – | 1º: 40€ 2º: 20€ 3º: 15€ |
O Concello emitirá os bonos de compra ás persoas premiadas e poderán canxealo ata o 30 de Novembro do presente ano. As persoas beneficiarias dos bonos poderán solicitar unha fragmentación da contía total en bonos de cantidades inferiores, sempre que os premios sexan superiores a 50€, e sempre en cifras redondeadas e nunca inferiores a 25 euros.
- XURADO
O xurado do concurso estará composto por:
- Presidencia: Alcalde do Concello de Campo Lameiro
- Concelleira de Cultura
- 3 Representantes designados polas Asociacións veciñais e culturais do Concello.
- NOTIFICACION AOS PREMIADOS E PARTICIPANTES
Para os efectos da práctica da notificación do resultado da valoración ós premiados, participantes e demais interesados, realizarase mediante publicación dos premiados ó rematar o desfile no Facebook do Concello así como na web municipal do Concello.
- EMISIÓN E PAGO DOS BONOS
O Concello emitirá bonos de compra ás persoas premiadas. As persoas beneficiarias dos bonos poderán solicitar unha fragmentación da contía total en bonos de cantidades inferiores, sempre que os premios sexan superiores a 50€, e sempre en cifras redondeadas e nunca inferiores a 25 euros.
As entidades facturaran ó Concello, previa xustificación, os importes equivalentes á contía de gastos dos bonos canxeados, da maneira e periodicidade que estimen oportuna pero con data de finalización do proceso a 30 de novembro de 2021.
- DEREITOS DE IMAXE
Cada participante deberá asinar o consentimento de uso e publicación de imaxe para todas as modalidades deste concurso tanto na páxina Web como no perfil de Facebook do Concello. Dita autorización, deberá estar asinada polo pai/nai/titor legal cando se trate de concursantes menores de 14 anos. Desde esta idade deberán asinalas eles mesmos.
Este documento poderá enviarse asinado de xeito online, xunto co correo de participación, ou poderá asinarse presencialmente nas oficinas do concello antes do 25 de Febreiro as 14:00 horas.
- PROTECCION DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
De conformidade co disposto na normativa vixente en protección de datos persoais LO 3/2018 (LOPDGDD) e Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, solicitamos o seu consentimento e informámoslle de:
Responsable: Concello de Campo Lameiro
Delegado de Protección de datos: dpo@norsecurity.com
Finalidade: Xestionar a participación no concurso e desfile de ENTROIDO 2021 segundo a modalidade elixida. Publicación das fotografías e o desfile on-line na páxina Web e perfil de Facebook do Concello (previo consentimento).
Base Legitimadora: Art. 6.1.e) RGPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos relacionados coa participación no concurso e/ou desfile de ENTROIDO 2021 organizado polo Concello. Art.25 Lei Reguladora de bases do Réxime Local. Art. 6.1.a) RGPD. O consentimento do interesado ou o seu representante legal para publicar as imaxes dos participantes na páxina Web e perfil de Facebook do Concello.
Destinatarios: Xestores da páxina web, Facebook, público en xeral que visualice as imaxes e o desfile en directo e a plataforma Zoom a través da cal se realizará o desfile on-line. Pódense realizan transferencias internacionais a EEUU pola publicación en Facebook para a que o interesado dará o seu consentimento.
Conservación: Os datos dos participantes e os seus familiares conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que puidesen derivarse da devandita finalidade e do tratamento de datos e chegado a termo o prazo será de aplicación o disposto na normativa de arquivos e documentación.
Dereitos: As persoas interesadas neste tratamento teñen dereito a solicitar o acceso aos seus datos, a rectificación, supresión, portabilidad, limitación ou a opoñerse mediante escrito, previa identificación, dirixido ao Concello ou vía email en dpo@norsecurity.com.
Reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD): Así mesmo poderá retirar o consentimento outorgado en calquera momento do mesmo xeito. Se as persoas interesadas entenden que se viron prexudicadas polo tratamento ou no exercicio dos seus dereitos, poden presentar unha reclamación ante a AEPD a través da sede electrónica https://www.aepd.es
Máis información: Na Política de Privacidade na páxina Web do Concello https://campolameiro.org/politica-de-privacidade/
Campo Lameiro a Febreiro de 2021
SOLICITUDE DE CONSENTIMENTO PARA PUBLICAR AS FOTOS, DE OBRIGADA CUMPRIMENTACIÓN:
SOLICITUD DE CONSENTIMIENTO EN GALLEGO