Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO DESINFECTA EN PROFUNDIDADE O COLEXIO PEDRO A. CERVIÑO E A ESCOLA INFANTIL GALIÑA AZUL

O Concello de Campo Lameiro levou a cabo esta mañá un amplio operativo de desinfección no colexio Pedro Antonio Cerviño e na Escola Infantil Galiña Azul como medida preventiva ante a inminente reincorporación dos nenos e nenos do municipio á actividade lectiva.

O goberno municipal non escatimou esforzos e destinou o máximo de medios materiais e humanos a esta tarefa que se realizou en conciencia tanto nas aulas como nas zonas de acceso, zonas comúns, espazos de xogo, etc. dos dous centros educativos co fin de cumprir escrupulosamente co protocolo deseñado polas autoridades sanitarias e educativas para o reencontro dos nenos e nenas do municipio cos seus centros educativos.

O alcalde, Carlos Costa, sinalou que “o benestar dos nosos nenos e nenas así como das súas familias é unha prioridade para este goberno municipal e por eso empregamos a fondo tódolos recusos dos que dispomos, incluido o tractor e a máquina de sulfatar, ademais do persoal de limpeza, para que todo estea en perfecto estado de revista para que os nosos cativos teñan a maior das seguridades e prevención posible fronte ao Covid-19”.

Responsables municipais coordinaron o operativo cos responsables do centro educativo coa intención de atender todas e cada unha das demandas que puderan existir en materia de desinfección e limpeza e que pudera ser acometido polo amplio operativo desplegado polo goberno municipal. Así, os operarios puxéronse a disposición da dirección do centro para obter unha maior eficacia no procedemento de desinfección que se levou a cabo.

Back to top

Utilizamos Cookies propias y de terceros. Algunas son esenciales y necesarias para el correcto funcionamiento de la Web. Otras para optimizar su navegación, seguimiento en redes, publicidad y realizar tareas de análisis. Por favor gestione su uso a su gusto en el botón correspondiente. Puede cambiar la configuración y obtener más información: más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar