Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO DEDICARÁ O MES DE NOVEMBRO A UNHA CAMPAÑA TELEMÁTICA A PROL DA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa Domínguez, e as concelleiras de Igualdade, Delia Carramal, e de Servizos Sociais, Nieves Boullosa, presentaron unha novidosa campaña de sensibilización cidadá sobre a igualdade e contra a violencia de xénero que levarán adiante durante todo este mes de novembro.

A novidade principal, obrigada polas restriccións dimanadas das recomendacións sanitarias pola pandemia da Covid-19 xirarán en torno a cursos de teleformación, actividades telemáticas e “turoriais” sobre autodefensa persoal feminina con vídeos explicativos que serán distribuídos a través das redes sociais nos que está presente o Concello e a páxina web municipal.

Así, o alcalde Carlos Costa e a concelleira Delia Carramal explicaron que este ano, ante o problema da imposibilidade de facer nada presencial polas restriccións sanitarias, optaron por recurrir a utilizar medios audiovisuais e ás redes sociais e telemáticas para seguir combatindo desde Campo Lameiro pola igualdade e contra a violencia de xénero.

AMPLO E VARIADO PROGRAMA PARA NON PERDERSE

O programa presentado contempla, entre outras actividades, un curso de teleformación titulado “Como evitar relacións tóxicas”, que terá lugar o vindeiro 9 de novembro. Seguidamente, haberá un curso de autoestima e risoterapia do estrés para o empoderamento feminino que se desenvolverá o luns 23 de novembro.

Por outra banda, a campaña 25-N Campo Lameiro contará coa presentación dun vídeo que se emitirá o 20 de novembro, mentras que a Caravana Morada estará o propio 25 de novembro no municipio en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas ofrecendo unha xornada de sensibilización e visibilidade cidadá das políticas activas pola igualdade na nosa Comunidade Autónoma.

Finalmente, esta campaña rematará cun curso en vídeo de autodefensa persoal feminina que levará tamén aparellada unha serie de temas divulgativos e informativos así como “Tips” de autodefensa feminina.

 

 

Back to top