Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO ABRE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO XANTAR PREHISTÓRICO QUE PROTAGONIZARÁ A SEGUNDA EDICIÓN DO FESTIVAL “LAEROS”

O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, e varios membros do equipo de goberno presentaron a segunda edición de “Laeros”, unha iniciativa divulgadora do municipio como Capital Galega da Arte Rupestre e Capital do Turismo Rural de España 2023 na que se aunará un evento gastronómico, actividades de todo tipo, música e obradoiros.

Carlos Costa anunciou que se atopa xa aberto o prazo para inscribirse no Xantar Prehistórico a base dun asado de vacún que se venderá por lotes de 20 persoas para compartir ou de medio lote, para 10 comensais. No caso do lote completo para 20 persoas, venderase a un prezo de cada un deles de 400 euros. Cada un destes lotes dá dereito a dispoñer dun asado costillar, 12 racións de polbo á feira servidas por A Fuchela, 2 bolas de pan, 12 botellas de viño e 8 botellas de auga. No caso de medio lote, para 10 persoas, as viandas serán ½ costillar, 6 racións de polvo á feira da Fuchela, 1 bola de pan, 6 botellas de viño e 4 de auga a un prezo global de 200 euros.

Para reservar estes lotes e medios lotes deberán dirixirse ao teléfono 886 151 195 ou a través do correo electrónico: reservas@paar.es

O xantar prehistórico estará preparado pola Asociación Costillar A Estaca de San Clemente e poderá ser degustado nas mesas ubicadas no entorno do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR).

“Laeros”, definido como un festival da arte rupestre, está organizado polo Concello de Campo Lameiro e conta coa colaboración do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR) que terá un papel fundamental na coordinación desta xornada de exaltación de Campo Lameiro como destino turístico e arqueolóxico de vital importancia para Galicia e que ten o recoñecemento a nivel nacional tras ser elixido como Capital do Turismo Rural de España 2023.

PREMIO DE 200 EUROS EN VALES CANXEABLES NO COMERCIO LOCAL DE CAMPO LAMEIRO PARA OS QUE VEÑAN VESTIDOS DE ÉPOCA E UNHA PEQUENA FEIRA DE ARTESÁNS LOCAIS

Os promotores desta iniciativa queren darlle maior realce e participación á veciñanza para o cal prégase ás persoas que se acheguen ata o PAAR que o fagan vestidos de época para o cal facilitan varios patróns para poder confeccionar a vestimenta que se poida lucir durante este día.

Para incentivar aínda máis a participación, a organización prevé ofrecer un premio de 200 euros en vales de consumo en establecementos do comercio local de Campo Lameiro para premiar a mellor proposta seleccionada polo xurado de especialistas.

Tamén haberá unha pequena feira artesanal composta por unha ducia de postos de emprendedores locais que contribuirán a ambientar a xornada ao tempo que ofrecerán diversos artigos elaborados a man polos seus autores utilizando para elo todo tipo de técnicas artesanais para que o público poida adquirir a bo prezo elementos elaborados polos artesáns da contorna.

Back to top