Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO ABRE O CENTRO DE ESTANCIA PARA ALBERGAR A UNIDADE DE VIDA ACTIVA E SAUDABLE, UN PROXECTO PIONEIRO SOBRE O ENVELLECEMENTO NO RURAL

O Concello de Campo Lameiro abre o Centro de Estancia para albergar a Unidade de Vida Activa e Saudable un servizo para fomentar o envellecemento saudable entre os veciños e que comezará a funcionar a partir do mes de marzo os luns, mércores e venres de 10 a 13 horas.

Paralelamente, procederase a celebrar unhas xornadas de portas abertas que se desenvolverán os días 16, 17, 20, 22, 24 e 27 de febreiro de 10 a 13 horas para que os veciños e veciñas de Campo Lameiro poidan coñecer as instalacións do Centro de Estancia e recibir información sobre a Unidade de Vida Activa.

Este proxecto pioneiro está orientado a un envellecemento no rural que posibilite o coidado das persoas maiores residentes en Campo Lameiro na súa contorna, fomentando a súa permanencia no seu fogar e fomentando redes de colaboración entre os diferentes axentes implicados no coidado sociosanitario das persoas maiores.

Así, prestaranse servizos personalizados de apoio e coidado, infraestructuras sociosanitarias adaptadas ás persoas, inclusión comunitaria, transformación dixital, etc. Os obxectivos que se perseguen con esta. Iniciativa van orientados a ofrecer ás persoas maiores do concello de Campo Lameiro a posibilidade de envellecer na súa contorna rural grazas á xeneración de servizos que faciliten os apoios e coidados necesarios para ter unha calidade de vida digna na vellez; acompañar ás persoas maiores nos seus proxectos de vida creando oportunidades que demostren que unha vellez con sentido no rural é posible.

Con esta iniciativa preténdese tamén demostrar que envellecer no rural con calidade é posible e que hai que preparar á poboación para o cambio de mentalidade que se experimenta nas persoas maiores de 65 anos tendo o momento da xubilación como clave para desenvolver vidas con sentido.

Tamén se pretende fomentar a prevención da dependencia, fixar poboación no rural e crear sistemas de gobernanza vinculados a dar solucións locais a retos globais: mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles e mellora da coordinación entre servizos públicos (sanidade, servizos sociais, vivenda, etc.).

A QUE PERSOAS VAI DIRIXIDA ESTA INICIATIVA?

Esta iniciativa impulsada polo Concello de Campo Lameiro vai dirixida, fundamentalmente, a persoas maiores que queiran previr posibles situacións de dependencia ou aquelas que teñan antecedentes de deterioro cognitivo/ demencia, así como para individuos con situacións de dificultade cognitivas e/ou físicas.

A intención é previr posibles situacións de deterioro global das persoas, así como ralentizar o proceso nos casos de deterioro xa existente; entrenando e reforzando as capacidades cognitivas, físicas, funcionais, emocionais e sociais.

Como cada persoa é única, este proxecto oriéntase cara ao deseño de terapias que parten da singulariedade combinando a actividade individual coa grupal pero sempre personalizando a atención baseándose nas necesidades, capacidades, gustos, preferencias e características de cada persoa.

Para elo poñeranse en marcha actividades cognitivas (memoria, razoamento, lectura, escritura, cálculo, etc.); físicas (coordinación, equilibrio, forza, respiración, axilidade, etc.); funcionais (entrenando actividades para o desenvolvemento dunha vida independente); sociais (comunicación, participación, dinámicas grupais, etc.) e emocionais  (relaxación, autoestima, xestión emocional, etc.) e todas elas apoiándose no uso das novas tecnoloxías.

A través deste proxecto pioneiro preténdese tamén conxugar servizos, coidados e apoios que posibiliten, con itinerarios personalizados, que as persoas maiores poidan envellecer en Campo Lameiro e dar continuidade á sua vida cotiá respectando a súa individualidade, xa que cada persoa é única.

 

Back to top
Situs sbobet resmi terpercaya. Daftar situs slot online gacor resmi terbaik. Agen situs judi bola resmi terpercaya. Situs idn poker online resmi. Agen situs idn poker online resmi terpercaya. Situs idn poker terpercaya.

situs idn poker terbesar di Indonesia.

List website idn poker terbaik.

Game situs slot online resmi

slot hoki terpercaya

situs judi online terpercaya

Utilizamos Cookies propias y de terceros. Algunas son esenciales y necesarias para el correcto funcionamiento de la Web. Otras para optimizar su navegación, seguimiento en redes, publicidad y realizar tareas de análisis. Por favor gestione su uso a su gusto en el botón correspondiente. Puede cambiar la configuración y obtener más información: más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar