Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO ABRE O SERVIZO DE RECOLLIDA GRATUÍTA E DOMICILIARIA DE TRASTES A PARTIR DESTE LUNS 2 DE AGOSTO

O Concello de Campo Lameiro pon en marcha a partir deste luns 2 de agosto o servizo de recollida gratuíta a domicilio de cachifallos previa cita telefónica chamando ao teléfono do Concello, o 986 75 20 34.

O solicitante do servizo deberá aportar o seu nome e DNI, número de teléfono de contacto para concertar o momento da recollida e enderezo completo. Ademais deberá facer unha consulta previa sobre que cachifallos son os que vai a depositar coa intención de que todos correspondan cos autorizados para este servizo.

Para máis información, diríxanse ao teléfono do Concello de Campo Lameiro, o 986 75 20 34.

Back to top