Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ENTREGADOS AOS ESTABLECEMENTOS COLABORADORES OS 10.000 BOLETOS PARA O SORTEO DE VALES DE COMPRA, EN APOIO AO COMERCIO LOCAL, DE XANEIRO

O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa Domínguez, e membros do equipo de goberno remataron xa a entrega aos propietarios dos distintos establecementos colaboradores os 10.000 boletos correspondentes ao sorteo de vales de compra en apoio ao comercio local que se fará durante o mes de xaneiro.

Así, ao igual que se fixo durante os meses de novembro e decembro, co fin de premiar a fidelización do cliente aos establecementos e servizos providos por empresas locais poderán participar agora nun novo sorteo onde os gañadores se coñecerán coincidindo coa Lotaría Nacional do sábado 30 de xaneiro. Nesta ocasión os boletos participantes poderán optar a dous premios, uno de 125 euros, para o que posúa o boleto cuxas catro últimas cifras coincidan co primeiro premio e outro, de 100 euros para o que teña o boleto cuxos catro últimos números coincidan co segundo premio da Lotaría Nacional.

O prazo máximo para canxear os cheques regalo será de 15 días despois da data do sorteo e as persoas beneficiarias dos bonos poderán solicitar unha fragmentación da contía total en cheques de cantidades inferiores, sempre en cifras redondeadas e nunca inferiores a 25 euros.

Esta campaña enmárcase na iniciada hai uns meses baixo o título xenérico “Campo Lameiro de todo e para tod@s” como medida de dinamización e apoio aos establecementos comerciais e empresas de servizos ubicadas no municipio e mitigar así os graves efectos e prexuizos que está a causar a pandemia da Covid-19 na ecomomía local.

Back to top