DURANTE O VERÁN NON SE REALIZARÁ O SERVIZO DE RECOLLIDA DOMICILIARIA DE RESIDUOS VOLUMINOSOS, MOBLES E TRASTES
O Concello de O Campo Lameiro informa de que, durante o período estival, non se realizará o servizo de recollida domiciliaria de residuos voluminosos, mobles e trastes.
Lembramos que está prohibido abandonar residuos, mobles ou trastes na vía pública.
O incumprimento desta normativa pode supoñer sancións de entre 80 e 3.000 euros.
Pedimos a colaboración de toda a veciñanza para manter o noso concello limpo, coidado e respectuoso coa convivencia.
♻️ Deposita cada residuo no colector correspondente, sempre en bolsas pechadas e realizando unha correcta separación.
🙏 Contamos coa túa colaboración.