Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

APRAZADA AOS DÍAS 23 E 24 A “SEMANA DO CINE” EN CAMPO LAMEIRO POLAS MALAS PREVISIÓNS METEREOLÓXICAS

DEBEN RETIRARSE AS ENTRADAS NAS OFICINAS DO CONCELLO

Dende o Concello de Campo Lameiro infórmase do aprazamento das actividades de CINE NA RÚA previstas para a próxima fin de semana.

O aprazamento realízase polas malas previsións meteorolóxicas previstas para o venres e sábado que imposibilitan facer as sesións de cine na rúa de forma óptima e segura.

O Concello lamenta as molestias causadas e empraza á poboación a acudir a ditas actividades que se realizarán o 23 e 24 de outubro na Praza do Concello.

Ambas sesións de cine serán totalmente gratuítas, tendo aforo limitado (imprescindible recoller entrada nas oficinas do Concello ata o xoves 22 de outubro ás 14:00h).

-Venres 23 de outubro ás 21:00h na Praza do Concello, Cine na Rúa para maiores de 12 anos coa película “SEARCHING”, considerada unha das películas revelación dos últimos meses (actualidade, redes Sociais, intriga…). Financiada polo Proxecto de Condutas adictivas no eido local de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas.

-Sábado 24 de outubro ás 20:00h na Praza do Concello, Cine na rúa para as e os máis pequenos coa película “UGLY DOLLS”, Extraordinariamente IMPERFECTOS.

Back to top