A UNIDADE MÓBIL DE DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ O VINDEIRO LUNS POLA MAÑÁ EN CAMPO LAMEIRO
Unha unidade móbil do doazón de sangue estará operativa o vindeiro luns 17 de agosto diante do Consistorio co fin de que aquelas persoas que queiran doar podan facelo.
Por mor do Covid-19 e coa intención de garantir ao máximo a seguridade, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia (ADOS) pon a disposición da cidadanía o teléfono gratuíto 900 100 828 para solicitar cita previa.