Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A FALLA DE AUGA OBRIGA A CORTA-LO SUBMINISTRO ESTA NOITE DE 12 A SEIS DA MAÑÁ NO CENTRO DE CAMPO LAMEIRO

Ante a falla de auga, o Concello de Campo Lameiro acaba de decidir o corte do subministro para as vivendas do centro da vila durante a noite de hoxe entre as 00:00 horas e as 6:00 horas da mañá a co fin de poder recuperar a normalidade do servizo canto antes.

Esta circunstancia prodúcese despois de que o Concello editara un Bando de urxencia no que se advertía do uso indiscriminado da auga para outros fins que non eran os domésticos como encher piscinas, regar xardíns ou fincas, lavar coches, etc.

Pese á advertencia de sancións polo mal uso da auga, a falla de concienciación fai que as reservas estean nunha situación de precariedade absoluta que obrigan ao Concello a toma-la decisión de corta-lo subministro entre as 12 e as 6 da mañá como medida excepcional e co fin de recuperar o fluxo normal da traída.

O Concello de Campo Lameiro pide disculpas á cidadanía e segue pedindo a colaboración veciñal no uso responsable do consumo de auga que so debe ser utilizada para uso doméstico, sobre todo nestes tempos de cambio climático, aumento das temperaturas e de maior presenza de persoas nos domicilios por mor das vacacións estivais.

Back to top
slot pragmatic play online surya168 idn poker idn poker slot gacor hari ini catur777 slot server jepang idn poker judi bola sbobet

Utilizamos Cookies propias y de terceros. Algunas son esenciales y necesarias para el correcto funcionamiento de la Web. Otras para optimizar su navegación, seguimiento en redes, publicidad y realizar tareas de análisis. Por favor gestione su uso a su gusto en el botón correspondiente. Puede cambiar la configuración y obtener más información: más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar