Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A DIRECCIÓN XERAL DO INSTITUTO DE MAIORES E SERVIZOS SOCIAIS PON EN MARCHA UNHA NOVA EDICIÓN DAS VIAXES DO IMSERSO

A Dirección Xeral do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO) iniciou a posta en marcha da que será a próxima tempada 2023-2024 do Programa de Turismo do Imserso.

Neste sentido, desde o xoves 29 de xuño de 2023 e ata o martes 25 de xullo de 2023 –ambos os días inclusive-, permanecerá aberto un período de presentación de NOVAS SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN neste Programa para a tempada 2023-2024, exclusivamente para aquelas persoas que non estean incluídas no Programa de Turismo do Imserso.

Para o enchemento e presentación destas novas solicitudes, disponse dos seguintes medios:

  • De forma telemática a través da Sede electrónica do IMSERSO.
  • Descargando da páxina web do Imserso  a solicitude de participación no Programa de Turismo para a tempada 2023-2024. Unha vez cuberto poderá remitilo dende as oficinas do Concello ou en sobre franqueado, non por correo certificado, á dirección: Programa de Turismo do Imserso, apartado de correos 10.140, 28080 Madrid.

Nos próximos días, as persoas xa acreditadas na base de datos do IMSERSO para a súa participación no Programa de Turismo recibirán nos seus domicilios as cartas de renovación incluíndo os IMPRESOS DE MODIFICACIÓN DE DATOS, con obxecto de que, se procede, comuniquen as variacións nos mesmos para participar na próxima tempada 2023-2024. Os impresos de modificación de datos conteñen a seguinte información:

  • Os datos que figuran na base de datos do Imserso: datos persoais, preferencia de destino e vinculación con outra persoa da mesma provincia.
  • Espazo para realizar as modificacións que considere oportunas.

Se os datos non variaronnon é preciso que realice ningunha actuación e NON HAI QUE REMITIR o impreso cuberto.

Se os datos non son correctos ou cambiaron, debe remitirse o impreso de solicitude cuberto antes do 25 de xullo de 2023

Back to top