Ruta de Painceiros

Localización

Dende a PO-222 collemos a estrada de Chacente a Parada, e do kilómetro 5,40 sae unha pista forestal pola que ten que segui-lo seu camiño 100 m.

Para Ver

A Cachada (22)

42°33’11.36″N / 8°29’57.53″O

Varias pedras con grabados de combinacións circulares atópanse nas proximidades da marxe esquerda da pista.

Arriba de Alongo (23)

De moi difícil acceso. A un kilómetro monte arriba atópanse grabados cervos e combinacións de círculos concéntricos.

Chan da Carballeira (24)

A casi un kilómetro, monte arriba da anterior, unha escea de monta e varios cervos de regular tamaño. Siga agora pola estrada ata Moimenta i eiquí continúe polo ramal asfaltado que atopará ó final da aldea. Pase Armonda, Couso, ata chegar a Rozas onde poderá descansar á sombra da “Carballeira” que á entrada do pobo atopará. Pode aproveitar para visita-lo Campo de Túmulos Megalíticos que hai nas proximidades do pastizal. Si xa ten recuperado forzas, siga en dirección a Campo Lameiro e a uns 2 kilómetros verá á súa esquerda un mirador. É o mirador de Moraño dende onde poderá divisar unha belísima panorámica do Val do Umia e da Ría de Arosa. No seu camiñar hacia Campo Lameiro atopará o Alto de Agüeiros, onde poderá toma-lo ramal que o levará ás zonas do Castro de Penalba e “Laxe da Rotea de Mendo”. Para todo o referente a estes grupos remito ó lector o itinerario de Alagoa

Calco Chan da Carballeira
Detalle da Chan da Carballeira
Back to top

Usamos cookies en nuestra Web para mejorar tu experiencia de usuario. Asumimos que estás de acuerdo pero tienes la opción de no aceptar cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar