Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ruta de Cadena

Localización

Dende a PO-222 collemos a estrada de Chacente a Parada, e despois de pasar Morillas, antes do cruce de Parada, está Caneda.

Para Ver

Outeiro do Carballiño (17)

42°32’20.49″N / 8°30’18.30″O

Esténdese esta zona polos outeiros que atopará á marxe dereita da estrada, entre os kilómetros 8,400 e 8,300. Son varias as pedras que nun e noutro pode ver. As figuras, as mesmas que ata o momento, pero en tres están representados puñales do Bronce Inicial e nun as improntas de Bóvidos (marcas das pezuñas dun boi). Estas últimas están debaixo do marco branco que verá na cima do outeiro máis oriental. No occidental hai unha interesante escea de comportamento animal na que un macho está cheirando na rexión xenital dunha femia para estimulala ó apareamento. A partires de eiquí e ata chegar ó Campo de Matabois, ten á súa esquerda unha panorámica fermosísima do Concello.

Campo de Matabois (18)

42º 33´ 30″ N / 8º 30´22″ O

Esténdese ó longo e ancho da cima rocosa que pode ver á marxe esquerda da estrada, no sentido da súa marcha, que verá á altura do kilómetro 7,900. Son 21 as piedras grabadas. Destacan aquelas nas que hai grabadas espadas do Bronce Medio. Xunto a elas verá cervos, improntas de cervos, fosñtas, círculos, etc. Á súa dereita, e a uns 30 m hai un laberinto moi interesante.

Espadas de Matabois
Calco do Campo de Matalobos
Espadas e círculos de Matabois
Espadas de O Ramallal
Campo de Matabois
Campo de Petroglifos de Matabois

Outeiro de Pantrigo (19)

42º 32´ 25¨ N / 8º 30´25 O

Atópase sobre o conxunto rocoso que se divisa a 90 m ó SW do anterior. A excepción da figura dun animal, tódalas restantes son fosiñas e combinacións de círculos concéntricos. É interesante, pola técnica de grabados como polo representado nela as figuras que pode ver a 90 m ó S deste conxunto. Trátase dunha “paleta” ou quizás “un espello de guerreiro”, similares ás que aparecen, en modelos metálicos, nas sepulturas de guerreiros do Bronce do Exeo, xunto a unhas improntas dun cervo pequeno.

Pena Furada (20)

42º32’40.31″N /8º31’34.22″O

Localizada na mesma zona pero na marxe dereita da estrada. As pedras grabadas son de difícil localización. Hai nelas puñais, círculos e algún cervo.

O Ramallal (21)

42°32’48 “N / 8°30’43” O

Pertence á aldea de Paredes o seu acceso, como xa temos sinalado anteriormente, é máis fácil dende eiquí. Non obstante é dificultoso xa que se verá obrigado a “saltar” por enriba de muros de pedra e adentrarse no toxal. Si se decide a visitalo é preferible que pregunte ós veciños, do lugar de Caneda, pero fágao por “Tras as Veigas”, que esé como eles denominan á zona. Xunto a cervos, círculos concéntricos, hai varias armas. A 100 m ó NW verá un outeiro, moi difícil de chegar a él, no seu cumio e sobre unha pedra que mira hacia onde está agora ten grabadas espadas dea Bronce Medio.

Calco de O Ramallal
Detalle Espada de Matabois
Back to top