Ruta de As Fragas
Localización
PO-223 -Á altura do lugar de Reboredo atoparase co camiño que dende a estrada e serpenteando entre as casas do lugar acercarao ata a Igrexa de Santa Mariña de As Fragas (a súa fachada é románica).
Pedra da Beillosa ou da Boullosa
42° 30′ 34.552” N / 8° 33′ 51.185” O
No seu descender hacia a estrada xeral pola asfaltada que hay por debaixo da Igrexa, atoparase a 1,5 kilómetros, co lugar de Toural e un pouco máis abaixo co de Costa.
De ambos saen pistas que ascendendo polo monte o conducirán ata esta zona. Sobre ela hai grabados un sinfín de combinacións circulares, cervos, fosiñas, etc.
Destacamos a gran serpe, sen cabeza, de algo máis de 4 m de lonxitude que parece que está reptando pola pedra. Ten representadas as escamas do corpo.
Tamén, no extremo oposto o da culebra, unha interesante escea na que unha figura humana cun pau ou arma na man dereita, acosa ou caza a un rebaño de cervos.
Pedra de San Francisco (25)
Ubícase a 200 m da Igrexa, que hai que andar pola pista forestal onde na marxe esquerda verá unha pedra, plana e na súa cara superior, onde poderá, xunto con cervos, combinacións circulares con dous ofidios.
As outras zonas deste itinerario, de difícil acceso e localización son: