Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

REMATAN ESTE MES AS CONTRATACIÓNS DA LIÑA 3 DO PLAN CONCELLOS DA DEPUTACIÓN E O CONCELLO


Este mes rematan as contratacións realizadas polo Concello de Campo Lameiro no 2020 ao abeiro da Liña 3 do Plan Concellos. Emprego para a conservación e o funcionamento de bens e servizos municipais, do Plan Concellos 2020 da Deputación Provincial de Pontevedra.

Dentro do “Servizo de Mantemento e Limpeza de Espazos Públicos e Infraestruturas Municipais, Vías e Obras”, realizou a contratación de sete desempregados, en concreto un condutor-tractorista, dous peóns de obras públicas, dous peóns forestais, durante dez meses.
Ademais, con cargo a esta liña de subvención contratouse un auxiliar administrativo durante cinco meses e medio e un albanel durante catro meses.

Os traballadores foron seleccionados a través da presentación da correspondente oferta pública na Oficina de Emprego de Pontevedra-Bisbarra e os beneficiarios foron persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, como demandantes non ocupados e que estiveran dispoñibles para o emprego.

Back to top