PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA: NIVEIS CELGA 2 E CELGA 4.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4.
Persoas destinatarias: As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.
Datas: As probas terán lugar na segunda quincena do mes de novembro de 2019.
As datas concretas serán debidamente publicitadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal), cun mínimo de 15 días naturais antes da data fixada para o primeiro exame.
Lugares: As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.
Os formularios de solicitude, segundo o modelo PL500C, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 1 de outubro de 2019
Máis información no DOG do 10 de setembro de 2019 e en http://www.lingua.gal