Castro de Penalba e Pedra da Serpe
Considerado como un dos castros máis antigos de Galicia (VIII – VII a. C.), o Castro de Penalba está situado no alto do monte nun outeiro granítico de 423 metros de altitude.
Consta de dúas terrazas. A inferior esta circundada por unha muralla de pedra que tiña como funcionalidade, ademais da defensiva, a de conter a terra para permitir o asentamento. Na superior atopamos a ermida , onde se celebra a tradicional romaxe de Santo Antoniño de Penalba, e a coñecida Pedra da Serpe.
A Pedra da Serpe sitúase no cume do castro de Penalba, sobre unha grande lousa granítica, dende onde se pode ver unha grande panorámica das terras do río Lérez. A rocha está orientada cara ao nacente e inclínase uns 80º. Nela represéntase unha forma de serpe de grande tamaño, aproximadamente 2 metros, ainda que hai expertos que postulan que se mostran dúas serpes no momento do apareamento.
A serpe é un motivo moi representado no arte galego, e ista é unha das súas representacións máis antigas. O Grupo Galaico de Arte Rupestre está datado entre o tránsito III-II milenio a. de C. pero este gravado realizaríase nos primeiros momentos da cultura castrexa, en torno aos. VIII-VII a. de C., como parte integrante dese depósito castrexo.
Mesmo que outros xacimentos arqueolóxicos galegos, esta inscultura tamén posúe folclore: “Os matrimonios sen fillos que queiran ter descendencia deben de ir a noite de Santo Xoana copular sobre a pedra levando, como ofrenda, unha cunca de leite para que beban as cobras”. Na tradición as serpes eran seres máxicos e a lenda é una manifestación na que a sociedade tradicional mostraba a súa ideoloxía en clave simbólica.