Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Padrón de habitantes

O Padrón Municipal de Habitantes é o rexistro administrativo onde constan os veciños do Concello. Toda persoa que resida habitualmente en Campo Lameiro ten a obriga de inscribirse no Padrón. No caso de que proceda doutro municipio, o solicitante deberá indicar o concello ou país de procedencia.

Que podemos solicitar

  1. Altas:
    • Inmigración: persoas xa empadroadas noutro Municipio ou Consulado de España no extranxeiro.
    • Omisión: persoas non empadroadas anteriormente en ningún Municipio ou Consulado de España no extranxeiro.
    • Altas por nacemento.
    • De oficio: mediante notificación do Instituto Nacional de Estatística sempre que algún dos pais estea empadroado no Municipio.
    • A instancia do interesado: o pai ou a nai empadroados no Municipio realizarán a inscrición do recén nado aportando unha fotocopia da folla do libro de familia onde apareza o/a neno/a e da folla onde apareza o nome dos pais.
  2. Cambios de Domicilio:
    • Todas as persoas que cambien o seu domicilio dentro do Municipio deberán comunicalo ó Negociado de Estatística do Concello de Campo Lameiro.
  3. Modificación de Datos:
    • Cando na base de datos do Padrón de Habitantes figure un dato incorrecto (nome e apelidos, data de nacemento, lugar de nacemento, nº documento de identidade, nivel de estudos, nacionalidade) deberá realizar unha petición de modificación no Negociado de Estatística do Concello de Campo Lameiro.
  4. Baixas Emigración:
    • CANDO UNHA PERSOA TRASLADA O SEU DOMICILIO A OUTRO MUNICIPIO EN ESPAÑA OU Ó EXTRANXEIRO (REALIZANDO A INSCRICIÓN NO CONSULADO ESPAÑOL QUE LLE CORRESPONDA) NON DEBE SOLICITAR A BAIXA NO SEU CONCELLO DE ORIXE. O TRÁMITE DAS BAIXAS POR EMIGRACIÓN REALÍZASE ENTRE CONCELLOS OU ENTRE CONCELLOS E O INSTITUTO NACIONAL DE ESTATÍSTICA. SI UNHA PERSOA NON É ESPAÑOLA E TRASLADA A SÚA RESIDENCIA DE FORMA DEFINITIVA A OUTRO PAÍS, ESA PERSOA DEBE FACER UNHA DECLARACIÓN E ENTREGALA NO NEGOCIADO DE ESTATÍSTICA PARA QUE CAUSE BAIXA NO PADRÓN DE HABITANTES.
Back to top