Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OPERARIOS MUNICIPAIS REALIZAN LABORES DE LIMPEZA ENTRE O LOMBO E O LAMEIRO, NA ESTRADA PO-223

Operarios do Concello de Campo Lameiro están procedendo a realizar labores de roza e limpeza entre o Lombo e Lameiro, na estrada PO-233.

Para realizar estes labores, tiveron que cortar un carril da estrada polo que o Concello de Campo Lameiro pide disculpas aos usuarios deste vial que se viron afectados por estes traballos.

A intención do Concello de Campo Lameiro é mellora-la seguridade vial na zona ao tempo que se contribúe a limpar de especies invasoras este lugar e se evita que a maleza existente vaia collendo maior envergadura.

Asemade, o Concello de Campo Lameiro agradece a profesionalidade e o traballo realizado polos operarios municipais no desempeño das súas funcións para garantir un mellor estado das estradas do municipio.

Back to top