Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O TEU PRIMEIRO EMPREGO NA DEPUTACION DE PONTEVEDRA

O TEU PRIMEIRO EMPREGO NA DEPUTACION DE PONTEVEDRA

 

Por acordo da Xunta de Goberno núm. 2.28005, de 7 de xuño de 2019, aprobáronse as bases que regulan a selección das persoas beneficiarias das contratacións laborais en prácticas do programa formativo “O teu primeiro emprego”, nos centros e servizos da Deputación Provincial de Pontevedra

 

Esta selección afecta a un total de 33 postos de traballo, dos que 19 pertencen ao grupo A2, con titulación universitaria, e 14 ao grupo C1, co nivel de ciclo superior de formación profesional.

A selección dos centros e servizos nos que se realizarán as prácticas levarase a cabo en función do programa de actuación que se vai desenvolver deseñado polo Servizo de Promoción de Emprego e Recursos Humanos e Formación, e tendo en conta a adecuación do perfil dos postos ás titulacións requiridas.

A selección das persoas beneficiarias consistirá na valoración dos méritos acreditados polas persoas preseleccionadas polo Servizo Público de Emprego e conforme aos criterios establecidos nas bases. Efectuarase entre persoas demandantes de emprego desempregadas ou coa tarxeta de mellora de emprego, inscritas no Servizo Público de Emprego e que cumpran os requisitos esixidos para a formalización dun contrato de traballo, mediante oferta de emprego presentada na oficina do Servizo Público de Emprego de Pontevedra polo Servizo de Recursos Humanos e Formación.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, asegurándose de ter acreditada a concorrencia dos requisitos establecidos nas bases da convocatoria.

Os perfís das persoas que se van seleccionar publicaranse nun prazo de cinco días a partir da publicación do anuncio no BOPPO

O TEU PRIMEIIRO EMPREGO NA DEPUTACION

Back to top