Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O PROGRAMA DA XUNTA “COIDADOS PORTA A PORTA” PARA MAIORES DE 55 ANOS ESTARÁ DE NOVO EN CAMPO LAMEIRO OS DÍAS 10,11,12 E 13 DE ABRIL

O programa ‘”Coidados Porta a Porta” impulsado pola Xunta de Galicia chega ata o concello de Campo Lameiro os días 10,11,12 e 13 de abril na Praza do Concello en horario de 9:00 a 19:00 horas, para ofrecer servizos gratuítos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria aos maiores de 55 anos.

🔎 QUE SERVIZOS SE PRESTAN?
🦶PODOLOXÍA: Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.

🦻AUDIOLOXÍA: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.

🧠 ESTIMULACIÓN DA MEMORIA: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.
🧐 A QUEN VAI DIRIXIDO?
Destes servizos poderán beneficiarse todas as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de xeito gratuíto.
💡COMO PIDO CITA?
Para máis información e solicitar cita previa pódese contactar:
☎️ 622 748 283

📧coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
Back to top