O CONCELLO INICIA O PROCEDEMENTO PARA A CONTRATACIÓN DUN AUXILIAR ADMINISTRATIVO E UNHA BOLSA DE TRABALLO
O Concello de Campo Lameiro inicia o proceso para a contratación dun Auxiliar Administrativo polo procedemento de concurso-oposición. É obxecto das presentes bases a contratación dun Auxiliar Administrativo, así como proceder a creación dunha bolsa de traballo a fin de cubrir de maneira rápida e áxil o posto cando éste puidera quedar vacante temporalmente a consecuencia de baixas por enfermidade, maternidade, substitución por vacacións, acumulacion de tarefas, etc.
Vista a necesidade urxente e inaprazable de funcionamento da oficina administrativa por acumulación de tarefas, tense que proceder á contratación, en réxime de persoal laboral temporal, a xornada completa cunha duración máxima de 12 meses, todo elo mediante o sistema de concurso -oposición.
As retribucións do posto, por todos os conceptos serán:
*Salario bruto mensual: 1.108,33 (Incluindo prorrata de pagas extra)
* S. Social empresa: 361,33€
* TOTAL: 1.469,66€/MES
As funcións do posto de traballo serán entre outras as seguintes:
– Tramitación e seguimento de expedientes e procesos administrativos seguindo unhas pautas de procedementos previamente establecidos, utilizando os medios adecuados, informáticos.
– Revisar e propoñer impresos e formularios de modo que éstes sexan eficaces para o obxectivo para o que foron ideados.
– Realizar traballos mecanográficos, arquivísticos e de cálculo, por calquera medio, incluso informático.
– Participar e colaborar nas tarefas de informatización da Unidade á que este destinado.
– Informar ós superiores competentes sobre os contidos dos expedientes, así como a calquera persoa ou entidade lexitimamente interesada.
– Atención ao público e telefónica.
– En xeral, calquera outras tarefas afíns á categoría do posto e semellantes ás anteriormente descritas, que lle sexan encomendadas polos seus superiores xerárquicos e resulten necesarias por razóns do servizo.
O sistema selectivo elixido é de concurso-oposición.
CONSULTA AQUÍ AS BASES DE CONTRATACIÓN E INSTANCIA:
BASES DE CONTRATACION E INSTANCIA
RESOLUCIÓN AMPLIACIÓN PLAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
RESOLUCION DE ALCALDIA DE AMPLIACION DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA COA LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS AO PROCESO DE SELECCIÓN:
Resolución de Alcaldía aprobando a Lista provisional de admitidos ao Proceso de selección
RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA COA LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS AO PROCESO DE SELECCIÓN:
DECRETO ALCALDÍA COMPOSICIÓN TRIBUNAL:
Decreto de alcaldia de composicion do tribunal
RESULTADO DA PROBA TEÓRICA:
ANUNCIO DO RESULTADO DA PROBA TEÓRICA
RESULTADO DAS PROBAS:
ANUNCIO DO RESULTADO DAS PROBAS