Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO RECIBE VARIAS SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN A TRAVÉS DO PLAN DE EMERXENCIA FRONTE Á SECA

O Concello de Campo Lameiro recibiu varias subvencións da Deputación de Pontevedra a través do Plan Especial para a Realización de Actuacións de Emerxencia que garantan o abastecemento de auga potable domiciliaria ante a situación de seca.

Concretamente foron para abonar a factura de Espina y Delfín, S.L. de 580,80 € para intervención de equipos de “buscafugas” para localización de avarías na rede de abastecemento de auga.

Tamén se concedeu unha axuda para abonar dúas facturas de Hnos Riopa, S.L. unha de 1.152,74 € e outra de 1.352,95 € (total 2.505,69) para a posta en marcha de pozos de barrena para garantir o abastecemento de auga.

Finalmente, tamén se pagou unha factura de Jose Antonio Martínez Cacabelos, de 2.904,00 € para a mellora da traída de Cascaneda.

Back to top