O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO PON A AULA CeMIT, A DISPOSICIÓN DOS ESTUDIANTES UNIVERSITARIOS PARA REALIZA-LOS SEUS EXAMES
O Concello de Campo Lameiro pon ao dispor dos estudantes das universidades galegas, a súa aula CeMIT para a realización dos exames universitarios.
A Amtega xunto coa FEGAMP e as tres Universidades galegas asinaron un acordo para que o alumnado universitario con dificultades para examinarse online desde os seus fogares poida facelo nos centros da Rede CeMIT (ata 31 de xullo).
A aula CeMIT de Campo Lameiro situada na Biblioteca Pública Municipal dispón dun amplo horario para a realización dos exames. As persoas interesadas, deben:
1.- Rexistrarse coma usuario/a da Rede CeMIT.
2.- Solicitar a reserva de praza.
3.- Esperar a que a persoa responsable da aula CeMIT acepte a solicitude.
4.- Unha vez aceptada a solicitude, presentarse na aula cumprindo as normas do protocolo establecido para a realización do exames nas aulas CeMIT que adxuntamos.
Para calquera aclaración, contactar con cemit.campolameiro@xunta.es ou no teléfono 986 75 24 73