O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO HONRA A XELA ARIAS CON DOUS VÍDEOS ADICADOS A ELA NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O Concello de Campo Lameiro celebrou o Día das Letras Galegas coa edición de dous vídeos, un deles protagonizados por persoas do mundo da cultura e da sociedade recollendo lecturas de varios poemoas de Xela Arias, figura literaria homenaxeada este ano, tendo como fondo diversos recursos turísticos e paisaxísticos do municipio.
O outro vídeo está confeccionado cos distintos debuxos elaborados polo alumnado do Colexio Pedro Antonio Cerviño de Campo Lameiro grazas á colaboración do profesorado que animou de xeito activo aos nenos e nenas a celebrar este evento reivindicativo da cultura e do idioma galego a través da súa creatividade.
PODES VER AQUÍ OS DOUS VÍDEOS: