Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO EFECTÚA A LIMPEZA E DESINFECCIÓN NOS ARREDORES E INTERIORES DAS IGREXAS DO MUNICIPIO

Ante a chegada da celebración de actos relixiosos nas seis parroquias que conforman a Unidad Pastoral de Campo Lameiro para esta fin de semana o Concello de Campo Lameiro levou a cabo labores de limpeza e desinfección nos arredores dos templos e tamén das igrexas coa intención de evitar calquera problema de carácter sanitario ao congregarse, previsiblemente, un número importante de feligreses que estes días acudirán á misa.

Nesta actuación estase empregando o hipoclorito doado ao Concello por diversos particulares, colectivos, empresarios, autónomos e asociacións e que se están a empregar nos labores de desinfección viaria que se acomenten de xeito paulatino e continuo en todo o municipio.

O Concello de Campo Lameiro recorda que se deben manter as normas de distanciamento social, autoprotexerse con mascarillas e o aforo autorizado para as celebracións relixiosas sitúase no 50% a capacidade máxima dos templos.

O Concello de Campo Lameiro lembra a tódolos veciños que deben manter a precaución…

#Sentidiño!!

 

Back to top