Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO DECIDIU NON ABRI-LA PISCINA MUNICIPAL ESTE VERÁN DEBIDO Á FALLA DE GARANTÍAS ANTE A PANDEMIA DO COVID-19

O Concello de Campo Lameiro, ao igual que outros moitos concellos da provincia, decidiu non abrir este verán as instalacións da piscina municipal ante as grandes dificultades esistentes para poder cumplimentar axeitadamente coas condicións esixidas polo Ministerio de Sanidade ante a pandemia do Covid-19.

A esistencia de múltiples normas que recollen os continuos labores de limpeza e desinfección, o distanciamente social de seguridade de alomenos metro e medio entre bañistas e usuarios das instalacións, as limitacións de tempo de permanencia nas instalacións ou a restrición do aforo a un tercio como máximo do mesmo impiden un disfrute con tranquilidade e seguridade destas instalacións.

Así que, ante a necesidade de garantir ao máximo a seguridade sanitaria dos nosos veciños e veciñas, desde o Concello óptase pola prudencia e pola protección da saúde pública e, polo tanto, NON SE ABRIRÁ A PISCINA MUNICIPAL ESTE VERÁN.

 

Back to top