Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO CONVOCA UNHA PRAZA DE ENXEÑEIRO TÉCNICO FORESTAL E OUTRA DE PEÓN FORESTAL

 RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA APROBANDO A CONVOCATORIA E AS BASES

Vista a Orde do 09 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol Rural) para o ano 2023, e o seu extracto; publicados no Diario Oficial de Galicia do mércores 01 de febreiro de 2023. 

Vista a resolución da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de concesión de subvención ó Concello de Campo Lameiro, para a contratación de un Enxeñeiro Técnico Forestal e un peón forestal, por un período de 9 meses, ó 100% da xornada laboral, para a realización do proxecto o servizo “PROGRAMA DE PLANIFICACION PREVENTIVA E VALORIZACION FORESTAL” con número de expediente: TR351G-2023-00000035-05 

Visto que para a xestión da oferta, establécese como ámbito de busca de emprego Pontevedra e Bisbarra. 

Vista a necesidade de proceder a convocar 2 prazas para a contratación mediante concurso-entrevista en réxime de persoal laboral temporal, de Enxeñeiro técnico forestal e peón forestal 

O carácter temporal destas prazas, unido á necesidade de que a selección se faga dentro dos prazos sinalados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, como data límite o 19 de maio de 2023, fai que se aproben os seguintes criterios para a selección do persoal, que en todo caso garanten suficientemente os principios de igualdade, mérito e capacidade, de obrigado cumprimento.

DECRETO BASES:

20230427_Resolución_DECRETO BASES

LISTADO DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS ENXEÑEIRO APROL:

20230509_Resolución_LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS ENXEÑEIRO APROL 2023

ACTA DE CONSTITUCIÓN DA COMISIÓN SELECCIONADORA/TRIBUNAL E BAREMACIÓN:

acta enxeñeiros

 RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA APROBANDO A LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS:

20230530_Resolución_LISTA ADMITIDOS APROL

ACTA DE CONSTITUCIÓN DA COMISIÓN SELECCIONADORA/TRIBUNAL E BAREMACIÓN:

ACTA PEON

Back to top